Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de maio de 2026

A Xota da Almáciga xa soa na nosa escola 🎶✨

Dentro do proxecto Somos Barrio, o alumnado da nosa escola participou nunha experiencia moi especial: a creación da Xota da Almáciga, unha canción nacida a partir das ideas, palabras e vivencias do propio alumnado.

Esta actividade desenvolveuse dende a materia de música co mestre Luís, xunto coa mestra en prácticas da Universidade de Santiago de Compostela, Icía Díaz Kirk, durante os meses de xaneiro a abril de 2026.

O alumnado de 2ºA foi o encargado de crear a letra, inspirándose nas temáticas e espazos que forman parte da vida da nosa escola e do barrio. Despois, Icía puxo música á composición e ensinouna ao resto do alumnado, sendo interpretada polos cursos de 2º a 6º de primaria.

Como broche final, o pasado 23 de abril tivemos a oportunidade de gravar a canción no Centro Xove de Creación Cultural, contando coa colaboración especial do pianista Alejandro Vargas (pianista renomeado), pai dunha alumna do centro, e de Manuele Pardo (Ailá), mestre de pandeireta do Centro Xove.

Un proxecto cheo de música, creatividade e traballo en equipo que nos axuda a seguir construíndo escola… e barrio.

 

 




 

mércores, 6 de maio de 2026

VISITA MUSICAL. A TROMPA

A trompa é un instrumento de vento metal que seguramente todas coñecedes, tanto pola súa forma como polo seu son. Na clase de 4º temos un rapaciño que se animou a comezar a tocala este curso, Yuri, e a semana pasada tróuxoa ao cole para explicarnos as súas partes e como se tocaba. Despois deleitounos con algunhas pezas curtiñas, unha das cales puidemos acompañar cantando. Tamén nos contou a diferenza entre tocar legato ou ligado, staccato ou picado e frulatto. Este último é característico dos instrumentos de vento, e conséguese soprando ao tempo que se articula o fonema /r/.  


Dous días despois visitounos Jorge, o seu mestre de trompa no Conservatorio, que a través dun relato nos foi contando a historia deste instrumento, mentras tocaba algúns fragmentos de melodías moi coñecidas! Descubrimos que os inicios da trompa están nos cornos de animais ou que é o símbolo de Correos, entre outras cousas. 


Yuri tamén se animou a tocar con Jorge unha coñecida melodía coa que intentamos realizar un canon... 
Gustounos moito e agradecemos este tipo de actividades, que sempre están cheas de alegría e ganas de máis!!!

Alumnado de 4º de primaria







 

xoves, 30 de abril de 2026

A música que nos fai viaxar 🎻✨

 Hoxe vivimos na escola unha actividade moi especial da man dun grupo formado por dúas mestras e cinco alumnas do conservatorio, que nos regalaron unha fermosa historia contada a través da música.

A través da viola, acompañamos a unha nena que soña con viaxar polo mundo co seu instrumento, descubrindo lugares e emocións en cada nota.

Queremos destacar con especial ilusión a participación da nosa compañeira Noa, de 3º, que foi unha das intérpretes desta marabillosa experiencia.

Unha xornada diferente, chea de música e imaxinación que nos fixo soñar a todos e todas.


 

domingo, 21 de decembro de 2025

FESTIVAL DE NADAL

Chega o Nadal e con el o Festival de fin do primeiro trimestre, co que poñemos o broche final aos primeiros meses de traballo. Foi unha xornada chea de alegría na que o alumnado foi o verdadeiro protagonista. Gozamos de actuacións musicais, con cancións e interpretacións preparadas con moita ilusión, e tamén de exhibicións deportivas, nas que o alumnado amosou o traballo realizado nas aulas. Foi unha oportunidade perfecta para celebrar xuntos, aplaudir o compañeirismo e despedir o trimestre cun sorriso.

Con este festival queremos tamén felicitar as festas e o aninovo a toda a comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado. Desexámosvos un tempo de descanso, alegría e bos momentos para recargar enerxías. ¡Bo Nadal e felices vacacións! 🎄✨

 

1º PRIMARIA: DANZA DOS 7 SALTOS, (TÍPICA DE DINAMARCA. ) 

 

 

4º DE PRIMARIA. ACTUACIÓN DE ACROSPORT COA MÚSICA DE "SEMENTEIRA" DE ASTAROT. 

  

 

2º E 3ºB DE PRIMARIA, CANTO DE REIS DE QUINTELA D'OENCIA  

  

 

ICÍA E VERA INTERPRETAN AO SAXO "COCONUT (JEROME NAULAIS)

  

 

 3º DE PRIMARIA. ACTUACIÓN DE ACROSPORT COA MÚSICA DE "LELA" DE ASTAROT. 

  

 

 5º DE PRIMARIA. INTERPRETAN POLKA QUINTA 

  

 

 6º DE PRIMARIA. INTERPRETAN MARCHA SEXTA 

  

 

 4º E 3ºA DE PRIMARIA. CANTAN E TOCAN "VELO QUE BONITO" (TRAD COLOMBIA)

 

venres, 21 de xuño de 2024

Himno de Lingoreta. Proxecto Lingoreta Atleta

Toda sede olímpica ten un himno cerimonial dos Xogos Olímpicos, e a vila de Lingoreta Atleta non ía ser menos!

O alumnado de 4º de primaria, elaborou o texto que ía formar parte deste himno, e o mestre Luís fixo a música. O alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria elaboraron unhas ilustracións e coa axuda do Centro Xove da Almáciga preparouse esta gravación coa que damos por finalizado o proxecto deste curso!

O alumnado de toda a escola, interpreta no seguinte vídeo o himno de Lingoreta, coidado que é moi pegadizo!

 

mércores, 19 de xuño de 2024

LUÍSA VILLALTA. ESTRELAS.

Tras estar traballando nas aulas coa figura e os textos de Luísa Villalta, homenaxeada nestas letras galegas do 2024, o alumnado de toda a escola interpreta no seguinte vídeo o poema "Andei por Santiago, pisando estrelas", con música orixinal do mestre de música Luís. 

Grazas ao Centro Xove da Almáciga pola colaboración na gravación e edición do vídeo.


xoves, 28 de abril de 2022

CONCERTO E VISITA DO CONSERVATORIO DE MÚSICA

 Hoxe o alumnado de 1º a 5º de primaria, tivo a oportunidade de gozar dun concerto didáctico por parte do Conservatorio de música de Santiago de Compostela. Neste concerto nos presentaron o conto Violeta e o mar, que buscou concienciar da importancia de reciclar e do uso responsable dos plásticos. O alumnado do centro, participou cantando 3 cancións que traballaron nas aulas de música.


 Ademais tamén nos acompañaron en concerto, algúns alumnos e alumnas do Conservatorio de música, entre os que estaba o noso compañeiro de 4º Antón, que tocou a Viola, un instrumento que algúns dos presentes non coñecían.

  Para rematar, participamos nun concurso, no que tiñamos que adiviñar as cancións que tocaban, solo escoitando os primeiros compases, ADIVIÑAMOS TODAS MOI RÁPIDO, e algúns compañeiros e compañeiras gañaron un globo co que se lles fixo unha proba para ver se podían ser futuros músicos de instrumento vento-metal.




 

martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


 Dende a semana pasada, xa se comezou a traballar entorno a este 

día da Paz e da NON violencia. 

👹👉🙋 Nas aulas de 5º e 6º, xa a semana pasada levaron a cabo un obradoiro de teatro-foro coa ACCP (Asemblea de cooperación pola Paz) no que a través de pequenas representacións teatrais, de situación da vida cotiá (bulling, inmigración, faltas de respecto, acoso escolar...) fóronse xerando algúns debates, as veces introducidos por pequenos xogos, que nos deu pé a poder contar as nosas propias experiencias e compartirs os sentimentos provocados por ese tipo de momentos vividos na nosa propia pel.



👤🎤🎧🎦 As amigas e amigos de 4º de primaria participaron no obradoiro de "Diccionario audiovisual" coa ACCP (Asemblea de cooperación pola Paz), onde coñeceron a vida dun amigo caboverdiano que se veu a vivir a Burela, e que entre moitas outras cousas, nos falou sobre algunhas palabras no seu idioma natal, o Criollo, que lle gustaban moito; esto deu pé a escollar algunhas palabras galegas que para nós tamén eran moi bonitas. 
* Pendentes de recibir o vídeo para poder compartilo.
Para achegarnos a coñecer a súa vida, fixémolo a través dun xogo, no que a modo de entrevista xornalística, e dunhas imaxes mudas, fomos intentando descubrir ou imaxinar a quen iamos coñecer despois. Poucas de nós acertaron.
 









🎨📚🍵 En 1º e 2º de primaria, traballaron co conto "A teteira de Kabul", e fixeron estes traballos tan bonitos que están expostos no corredor.








✂🎨🌳🌲 No Corredor tamén está este pacífico bosque, que creou o alumnado de 3º B. Unhas preciosas árbores que dan moito que pensar.  * O bosque das palabras para a Paz*
 







 
🎨🎴 Algo que tamén fixo este alumnado de 3ºB foron unhas postales da Paz

 
🎨💓💜💚Por outra banda, o alumnado de 1º, tamén coñeceu a obra do artística brasileiro Romero Britto, e baseándose nela, fixeron estes fermosos e coloridos Corazóns.












👨👩✌ A aportación que fixo o alumnado de 5º para este corredor da paz, foi o traballo con frases célebres, dalgúns personaxes históricos, que loitaron pola paz







💁💪Ademais desto, algunhas compañeiras e compañeiros, quixeron poñer cales serán a súas "Pegadas pola paz", para contribuir a conseguila.






💜🎨 Pola súa banda, en 4º de educación infantil traballaron o día da Paz a través da súa simboloxía, empregando diferentes iconas recollidas por UNICEF (que se pode visualizar nesta ligazón). Seguidamente afondaron no concepto "PAZ" relacionándoo cun estado de benestar e calma. Cada nena/o expresou oralmente aquel elemento que para ela/el simbolizaba a paz, reflectíndoo graficamente, a modo de símbolo, no seu medallón da paz.


🎨👋 O grupo de 6º de infantil, optou por xesto simbólico, e decidiron "unir todas as súas mans para loitar pola PAZ".



corredor da paz, quixemos a maiores, xuntarnos todas e todos como grupo para cantarlle á Paz e a non violencia da man do tema de Pablo Díaz.

 

 

Por outra banda, as biblioaxudantas de 6º, quixeron aproveitar a semana do día da paz, para enviarlle ao alumnado de infantil, nas caixiñas de Lingoreta, estes contos escollidos da seleción de conmemoracións.

👥 Sofía Nantes conta: Que es un refugiado?



👥 Paula, Violeta e Clara contan: A guerra dos números.



👥 Sofía Nantes conta: O principio.

 



 

*OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE. AXENDA 2030