Amosando publicacións coa etiqueta 24F. Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 24F. Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de marzo de 2020

GAÑADOR@S DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE ROSALÍA DE CASTRO

Despois de recibir todas as fotos participantes, o xurado estivo votando e debatindo quenes serían @s gañador@s de cada unha das categorías, e aquí temas as fotografías gañadoras.

Moitas grazas por aprticipar a todas, xa vedes que ten a súa recompensa!

EDUCACIÓN INFANTIL: AINA ARCEO



1º/2º/3º DE PRIMARIA: MARTÍN VINAGRE 


4º/5º DE PRIMARIA: BRUNA ARCEO



6º DE PRIMARIA: LEO  POMBO



 Foto de tod@s @s participantes

venres, 28 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA E LINGUAS MATERNAS

Un ano mais, chega o día de Rosalía de Castro, data que nunca queremos deixar pasar sen facer unha pequena parada nela.

Este ano, aproveitando o proxecto que estamos a levar a cabo, quixemos relacionala co día das Linguas Maternas tamén, traballando na tradución dalgúns versos dos seus poemas.

Tivemos a grandísima sorte de contar coa espectacular colaboración de Guadi Galego e Abe Rábade, que pasaron un ratiño da xornada do venres 28 con nós, musicalizando e cantando algunhas cancións do disco de Immersión de Guadi, o cal está cantando en diferentes linguas que temos presentes na nosa comunidade, así como aproveitaron a data para interpretar algúns versos de Rosalía, como é o caso do poema que xa tocaran xuntos anos atrás "Ladraban contra min, que camiñaba". 

Como non podía ser doutro modo, tamén nos agasallaron cos interpretación do que xa é un himno para o noso centro, "Matriarcas".

Ter a sorte de contar con dous artistas do voso nivel no noso centro, é un grandísimo agasallo, moitísimas grazas por crear ese ambiente tan especial no salón de actos!

 


 





Nestas semanas, o alumnado do centro, foi decorando os corredores, con un monton de traballos de investigacion sobre estes dous artistas que nos acompañaron na conmemoración destas datas, así como exposicións de Rosalía de Castro de diferentes tipos. 



 
 

 
  
 

O xoves, tivemos a visita de Rosalía Superheroína no recreo, que veu pasar un ratiño con nós.


Lingoreta coma sempre, nos fixo unha selección de libros relacionados, para que puideramos consultar e ter acceso a eles.


Ademáis de todos estes traballos, o alumando participou voluntariamente nun concurso de fotografía sobre versos de Rosalía de Castro, con verdadeiras marabillas como as que están expostas no hall. (noutra entrada do blog, podedes ver mellor estas fotografías).






CONCURSO FOTOGRÁFICO: ROSALÍA DE CASTRO

XA se rematou o plazo de presentación das fotografías para o concurso de Rosalía de Castro, e todas están expostas no hall do cole.
Noraboa ás participantes porque foron presetados traballos boísimos!!
Nos próximos días, mostraremos as gañadoras/es.


NA CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL
 
 



NA CATEGORÍA DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA

 
 



 NA CATEGORÍA DE 4º E 5º DE PRIMARIA


 
 
  


NA CATEGORÍA DE 6º DE PRIMARIA 

 
 

luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

O día de Rosalía de Castro e una data que nunca deixamos esquecer neste centro.
Dende a biblio se propuxeron varias lecturas que estiveron sempre a  man, algunhas na biblioteca do centro e outras no recuncho de lectura da entrada.

De entre todas as actividades que se propuxeron, foron moitas as realizadas, aínda que non temos constancia gráfica de todas elas, pero a continuación deixamos unha mostra das que puidemos recoller: A visita de Rosalía superheroína, o traballo dende plástica dos retratos de Rosalía dende distintas correctes pictóricas, murais e poesías polos corredores do centro, replicas de como sería a súa casa dende a visión dos seus poemas... entre outras!