Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de novembro de 2025

MAGOSTO

 Un ano máis, chegou o Magosto á escola!

Unha xornada divertida con xogos populares, castañada, e o xa tradicional manifesto do peón a cargo do grupo de 4º de primaria.

Un día acompañado dende ben cedo pola chuvia, que fixo que tiveramos que xogar no interior, pero que non quitou as ganas de brincar e poder gozar en convivencia con toda a comunidade educativa e pasalo ben!

Moitas grazas ás castañeiras por ademáis de comida, aportar o aroma propio dun bo Magosto!!

 PARA VER TODAS AS FOTOS RECOLLIDAS NA XORNADA, PREME AQUÍ.




mércores, 12 de novembro de 2025

MAGOSTO EN 5º DE INFANTIL

 Esta semana o alumnado de 5⁰ EI estivo preparando con moita ilusión as súas cestiñas do Magosto. Con axuda das mestras Rocío, Lucía e Samanta participaron nun obradoiro no que tiveron que:
- Empapelar o bric con papel de xornal.
- Deseñar a castaña a partir das súas características físicas (nocións espaciais, formas).
- Picar.
- Compoñer un mosaico.
- Decorar libremente empregando rotuladores permanentes, plumas e follas de camelia.


Agradecer ás familias a súa colaboración.


 

domingo, 10 de novembro de 2024

MAGOSTO

 Un ano máis, chegou o Magosto á escola!

Unha xornada divertida con xogos populares, castañada, e o xa tradicional manifesto do peón a cargo do grupo de 4º de primaria.

Un día que aguantou solleiro para poder gozar en convivencia con toda a comunidade educativa e pasalo ben!

Moitas grazas ás castañeiras por ademáis de comida, aportar o aroma propio dun bo Magosto!!

 PARA VER TODAS AS FOTOS RECOLLIDAS NA XORNADA, PREME AQUÍ.

Xogos populares

 

Polo San Martiño, os trompos ao camiño


Castañeiras e castañada


Manifestos do peón, en forma de coplas feitos polo alumnado de 4º de primaria.








sábado, 4 de novembro de 2023

Magosto

 Hoxe tivo lugar o festexo do Magosto! Como unha festa propia de Galicia, acompañámola dunha xornada de xogos tradicionais, e aínda que o tempo non nos acompañou e tivemos que facelos a cuberto, puidemos estar xogando durante unha boa xornada e ...




 




🌰🌰🔥... e facendo fame para degustar as castañas que algunhas familias estiveron preparando!



Tamén tuvo lugar o Manifesto da buxaina, por parte do alumnado de 4º de primaria, que aínda que polo espazo non se escoitou demasiado ben, damos comezo a tempada de bailar as nosas buxainas, trompos, peóns... 


martes, 15 de novembro de 2022

MAGOSTO EN 5º de infantil

 A temática do Magosto estivo presente na aula de 5º de infantil nos distintos espazos de aprendizaxe, a través das dinámicas diversas. Escribiron palabras relacionadas co magosto, compuxeron palabras empregando os dados das letras, xogaron ao xogo de encestar castañar empregando o dado, decoraron castañas para a cesta do magosto, experimentaron sobre a flotabilidade da castaña (con bicho e sen bicho), observándoa empregando un microscopio electrónico, crearon estruturas con carozos e representaron a figura da Castañeira (asadora de castañas).