Amosando publicacións coa etiqueta ROTEIROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROTEIROS. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de abril de 2022

ROTEIROS LITERARIOS - ALAMEDA

 O alumnado de 5º e 6º de infantil, retomou hoxe os seus roteiros literarios para seguir a traballar no Proxecto Compostela

A partir do conto de "Nemo e Sabela polos parques de Compostela" realizaron un xogo de detectives no cal as nenas e os nenos tiveron que atopar no parque da Alameda as imaxes relacionadas con lugares, escenas e monumentos que aparecían na súa tarxeta persoal, marcando todos aqueles que foran atopando.

 

Coñeceron a Valle Inclán, a Maruxa e a Coralia, viron como o Pombal estaba cheo de pombas, descubriron unha fonte de mármore, coñeceron bancos deseñados por Sargadelos e tamén contaron segredos no banco dos murmurios...



Todo esto acompañado cunha boa camiñata de baixada e de subida, que indica que todas e todos os participantes están en moi boa forma!





sábado, 20 de novembro de 2021

Coñecendo O Viso

 Coñecendo o Monte Viso seguimos afondando no Proxecto Compostela.

 En dúas tandas, primeiro 5º e 6º o xoves e 3º e 4º o venres, subimos de paseo ao Monte Viso a botar unha man a Breogán, que precisaba da nosa axuda para liberar ao seu fillo Ith, que fora secuestrado por un fillo da noite. Nós, pola nosa banda, fomos visitando aos diferentes personaxes mitolóxicos que polo Monte nos agardaban, e conseguindo algunhas pistas que nos foron dando, para así, poder rematar no alto do Viso para resolver o misterio.

Co traballo feito, aproveitamos o marabilloso mirador que resulta do Monte Viso, para dar unha mirada 360 grados de Compostela, atopar o noso Cole dende a distancia, e algúns lugares mais que foron xurdindo.