Chega o Nadal e con el o Festival de fin do primeiro trimestre, co que poñemos o broche final aos primeiros meses de traballo. Foi unha xornada chea de alegría na que o alumnado foi o verdadeiro protagonista. Gozamos de actuacións musicais, con cancións e interpretacións preparadas con moita ilusión, e tamén de exhibicións deportivas, nas que o alumnado amosou o traballo realizado nas aulas. Foi unha oportunidade perfecta para celebrar xuntos, aplaudir o compañeirismo e despedir o trimestre cun sorriso.
Con este festival queremos tamén felicitar as festas e o aninovo a toda a comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado. Desexámosvos un tempo de descanso, alegría e bos momentos para recargar enerxías. ¡Bo Nadal e felices vacacións! 🎄✨
1º PRIMARIA: DANZA DOS 7 SALTOS, (TÍPICA DE DINAMARCA. )
4º DE PRIMARIA. ACTUACIÓN DE ACROSPORT COA MÚSICA DE "SEMENTEIRA" DE ASTAROT.
2º E 3ºB DE PRIMARIA, CANTO DE REIS DE QUINTELA D'OENCIA
ICÍA E VERA INTERPRETAN AO SAXO "COCONUT (JEROME NAULAIS)
3º DE PRIMARIA. ACTUACIÓN DE ACROSPORT COA MÚSICA DE "LELA" DE ASTAROT.
5º DE PRIMARIA. INTERPRETAN POLKA QUINTA
6º DE PRIMARIA. INTERPRETAN MARCHA SEXTA
4º E 3ºA DE PRIMARIA. CANTAN E TOCAN "VELO QUE BONITO" (TRAD COLOMBIA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario