A chegada da mochila viaxeira ás aulas de E.I. énchenos de emoción e alegría. Que sorpresas gardará este novo curso?
mércores, 19 de novembro de 2025
mércores, 15 de outubro de 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS
Preparando as mochilas viaxeiras...que pronto comezarán a visitar as casas do alumnado de infantil e primaria!
luns, 17 de febreiro de 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS
O momento da transferencia da mochila viaxeira dunha crianza a outra segue sendo un dos momentos máis deseados por todos e por todas.
Cóntanse quen lles leu os contos, con quen xogaron, cales foron os seus favoritos e ensinan algunha das mostras deses momentos, a través de fotos, debuxos e textos.
Grazas familias por atopar tempo para compartir espazos de lectura e xogo en familia.
venres, 10 de xaneiro de 2025
MOCHILA VIAXEIRA
Vivencia en 4º de infantil.
Retomamos este segundo trimestre coa mochila viaxeira.
As crianzas "traspasan" os recursos dunha man á outra, recomentando lecturas (divertidas, interesantes...), mostrando creacións plásticas (representadas no caderno) e aconsellando aos compañeiros/as ("Arrolos mellor con música, porque miña nai non coñece o ritmo).
Pero o que máis lle gusta e ver fotiños delas no caderno, compartindo as lecturas en familia.
Grazas Lingoreta e familias pola participación!
venres, 15 de novembro de 2024
4ºEI. MOCHILA VIAXEIRA
A Mochila Viaxeira de 4º de infantil xa vai camiño do primeiro fogar, cargadiña de ilusión! Goza moito dela Aira!
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras volven poñerse en marcha para visitar os fogares de toda a escola!
A semana pasada, presentáronse nas aulas as mochilas viaxeiras, cargadas de lecturas interesantes e material para poder compartir en familia. Esperamos que gocedes coa selección e coa posta en marcha desta actividade!












