Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 20-21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 20-21. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xuño de 2021

Sorpresa das familias!!!

Un curso atípico non podía ter un final mellor. Contar coa presenza das familias e ademais bailando para nós. 
 
Este ano notouse a vosa falta dentro do centro, pero máis que nunca apreciamos o voso calor na distancia. 
 
MOITAS GRAZAS! 
 
  


luns, 21 de xuño de 2021

MOITAS GRAZAS BIBLIOAXUDANT@S!

 Co fin do curso tamén despedimos ás biblioaxudantes e aos biblioaxudantes de Lingoreta, dándolles un gran agradecemento por toda a axuda que nos deron nestes meses e pola capacidade de reinventarse e adaptarse á nova realidade da biblioteca. 

Moitísimas grazas por axudarnos ademais a cambiar e a crecer como o fixemos neste ano! A nova biblio é parte de vós.

Esperamos contar con vós para o vindeiro curso!

 









GRADUACIÓN E DESPEDIDA DE 6º

 Aínda que as condicións sanitarias seguen sen permitirnos facer moita festa nin moita xuntanza, hoxe quixemos ter un pequeno encontro de festexo coas maiores e cos maiores do cole, rememorar con nostalxia o seu paso polo centro durante estes anos nos que nos fomos xuntando e despedilos cun agarimoso video e palabras das súas titoras. Despedirlles como estudantas/es, xa que como visitantes esperamos telos moitas veces mais por aquí.

Moita sorte na vosa nova etapa! Se nos botades de menos, podedes vir ao voso cole cando queirades! 

**Se alguén de vós quere as fotos ou o vídeo, non ten mais que escribir un correo a biblio.vagalume@gmail.com e volo facemos chegar! 




 

domingo, 20 de xuño de 2021

Excursión 3º ciclo

 O alumnado de terceiro ciclo foi de excursión ao Galipark de Padrón. Nunha xornada moi completa fixeron tiro con arco, xogaron ao lasar tag, camiñaron por un circuíto de altura con tirolina incluída e remataron movendo o esquelete con boa música. Xa de volta en Compostela, parte do alumnado se apuntou a facer pernocta no cole, acompañados dunha fogueira, de xogos, de risas, de comida e de sacos de durmir para pasar a noite, viviron unha experiencia moi distinta á habitual, antes de despedirse do colexio. Colleron forzas pola mañán cun chocolate con churros de almorzo e marcharon ata o Numax, para terminar bailando sen parar ata ás 2 da tarde.

Non se pode ocorrer mellor maneira de acabar o curso! E nalgúns casos, despedir o colexio onde levan moitos anos vindo a diario! 

 



mércores, 16 de xuño de 2021

Excursión 2º ciclo

 Hoxe por fin, saímos de excursión! Todo o alumnado de 2º ciclo subíu ata o Gaiás a pasar unha xornada lectiva distinta. Xogamos nos parques, tirámonos polas tirolinas, polos tobogáns, xogamos nos bambáns, sacamos fotos, merendamos ao aire libre, visitamos Exipto e mais o interior dunha balea nunha exposición de arte contemporánea, analizando o que comera nun mar de plásticos, e aínda que escoitamos tronos, conseguimos escapar da chuvia! 

Se queredes ver ou descargar algunha fotiño, premede na seguinte imaxe.

 


 


 

 

martes, 15 de xuño de 2021

CRISTINA GARCÍA FONTÁN

 Continuando co traballo comezado no 8 de marzo, no que quixemos poñer en valor as labores e os traballos dalgunhas mulleres da nosa contorna compostelá, o grupo de Educación Infantil-B quixera naquelas datas, investigar sobre o ámbito da arquitectura, e aí atoparon á urbanista Cristina García Fontán, que antes de que finalizara o curso, e axustando coa súa apretada axenda, puido facernos unha visita, para falarnos  e visitar un dos seus proxectos, que temos a pouquiños metros do colexio: O corredor que une o cole, co parque de Bonaval e co parque da Almáciga.

 





 

venres, 11 de xuño de 2021

TITERE FORO

O alumando de 1º ciclo puido gozar dun obradoiro de Titere foro nesta semana, na que nos demos conta  de que cada un e cada unha de nós temos algo especial e diferente ao resto das persoas, e como podemos empregar esto para axudar as amigas e comañeiras e aos compañeiros e amigos.




 




Mestra Malibú

 Hoxe veu visitarnos Malibú, para contarnos a importancia de saber coidar ben aos animais, que temos que facer para que estean felices e sans e a gran necesidade de adoptar para poder coidalos e darlles un fogar!







xoves, 10 de xuño de 2021

Eclipse solar

Hoxe no cole vivíuse  con ganas o efecto do eclipse parcial de sol. 

O grupo de 3º ciclo-A tiña moita curiosidade por poder velo, e a profe Lara axudoulles a fabricar un aparello fantástico para poder disfrutar da experiencia do eclipse solar sin dañar a nosa vista. Foron varios os grupos que se achegaron para poder observalo. Sobretodo, valeuno para vivir a experiencia e entender claramente en que consiste un eclipse parcial do sol.

Por outra banda, nalgunhas aulas, seguiron a emisión en directo dende o planetario de Madrid.





mércores, 9 de xuño de 2021

Tempos de lecer

 Na biblioteca están ocorrendo cousas fantásticas nos tempos de lecer: Gozamos coa lectura, individual e colectiva, xogamos, creamos, construimos, pintamos, organizamos, axudamos...