xoves, 4 de xuño de 2026
sábado, 2 de maio de 2026
mércores, 29 de abril de 2026
VOCES DO BARRIO_ MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE
Xa está dispoñible un novo episodio do noso programa de radio escolar “Voces do Barrio”, no que nesta ocasión Annika e Icía, xornalistas da revista NASS, teñen o pracer de conversar con Miguel Anxo Seixas Seoane, veciño do barrio e unha figura moi vinculada á cultura galega.
Ao longo da entrevista, achegámonos á súa traxectoria persoal e profesional durante todos estes anos, especialmente na actualidade, como presidente da Fundación Castelao, traballa na difusión e posta en valor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das personalidades máis relevantes da historia de Galicia.
Neste episodio, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto a súa experiencia, o seu traballo e a importancia de conservar e difundir a nosa cultura.
🎧 Animámosvos a escoitalo e a seguir descubrindo historias e voces que forman parte do noso barrio.
xoves, 2 de abril de 2026
domingo, 1 de marzo de 2026
domingo, 1 de febreiro de 2026
xoves, 29 de xaneiro de 2026
REVISTA NASS
As entrevistadoras da Revista NASS traballando polo barrio...
Sabedes con quen están Icía e máis Uxía? É un antiguo alumno da escola e agora, entre outras cousas, forma parte dun grupo de música. Estade atentas á revista de febreiro para coñecelo un pouco máis!
luns, 12 de xaneiro de 2026
luns, 1 de decembro de 2025
venres, 7 de novembro de 2025
xoves, 6 de novembro de 2025
ENTREVISTAS
Un grupiño de biblioaxudant@s estivo colaborando coa comisión do Magóstolo facendo unha entrevista nun comercio do barrio, para participar na Fanzine que van elaborar este curso!
xoves, 30 de outubro de 2025
CONCURSO REVISTA NASS
Increible a cantidade de participación que tivo o concurso da revista NASS de debuxos relacionados co Samaín!!
luns, 13 de outubro de 2025
REVISTA NASS nº 16. OUTUBRO
Xa temos a primeira revista NASS do curso!
Aínda que non van todas as seccións coas que contaremos este curso, tiñades tantas ganas de recibila que intentamos meterlle toda a prisa posible para editar unha neste mes de outubro, xa é toda vosa!
luns, 6 de outubro de 2025
mércores, 4 de xuño de 2025
luns, 5 de maio de 2025
venres, 4 de abril de 2025
mércores, 12 de marzo de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
ENTREVISTA A FELISA SEGADE
Hoxe recibimos na escola a Felisa Segade, pandereteira e bailadora tradicional de longa traxectoria, con grandes recoñecementos en traballos acompañando a Milladoiro ou en bandas como Leilía ou Tres Pesos.
Queres saber algo máis sobre ela? Animámosvos a ler a entrevista que Uxía e Belinda lle fixeron para a revista NASS do mes de marzo!
Moitísimas grazas Felisa, por visitarnos esta mañán e tratarnos con tanto agarimo!











