Amosando publicacións coa etiqueta FORMACION. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FORMACION. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de marzo de 2024

RCP na aula

 O alumnado de 5º e 6º de primaria, estivo traballando nestas últimas sesións de educación física do trimestre, con diferentes conceptos relacionados cos primeiros auxilios. 

Comezamos con atragoamentos e os seus distintos niveles de gravidade, así como aprender como atendelos, e practicalos de xeito suave entre nós.

Tamén a recoñecer o nivel de conciencia dunha persoa, e a posición lateral de seguridade.

E por último a recoñecer unha parada cardiorespiratoria, a empregar o DESA e como actuar ante ela, onde chamar e como facer unha reanimación cardíaca.

Esperemos que non teñan que empregar ningunha vez este tipo de manobras, pero saen destas xornadas cunhas ideas bastante claras e con moita motivación e bos resultados.




domingo, 10 de decembro de 2023

OBRADOIROS DE SAÚDE MENTAL

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Apóstolo Santiago recibiu dúas charlas no mes de novembro sobre a saúde mental. O conferenciante chamábase Pablo. 

Sobre o que fixemos na 1ª sesión cabe destacar que falamos sobre o que nos gustaría ser de maiores, analizando as debilidades e fortalezas de cada unha de nós, así como as ameazas e os apoios que podemos recibir do noso entorno social: familia, amizades, etc.

Reflexionamos sobre as posibilidades que podían ter tamén as persoas con problemas de saúde mental.


Durante a 2ª sesión falamos sobre os estereotipos, que son prexuízos que temos cara estas persoas con enfermidades mentais. Centrámonos nas emocións, así como na importancia de detectar estes problemas para apoiar e axudar ás persoas que os padecen. 

Pareceunos moi interesante e útil, xa que calquera persoa pode padecer unha situación deste tipo, e sentir comprensión e apoio axuda a superar as dificultades.

Noticia redactada pola aula de 6º de primaria.


Aula de 6º con Pablo, analizando debilidades e fortalezas


luns, 25 de setembro de 2023

FORMANDO USUARIAS

 O alumnado de 1º ven con moitas ganas de sacarlle moitísimo proveito á biblioteca. Por eso esta xornada de formación foi super interesante e aprenderon moitísimo! Están mais que preparadas e preparados!






martes, 18 de abril de 2023

Obradoiros de equidade de xénero

 O alumnado de 6° B, continúa cos obradoiros de equidade de xénero, onde aprenden a diferenza entre ser agresivos, pasivos e asertivos. Tamén facémonos conscientes dos estereotipos de xénero q nos transmiten as películas, series de tv, revistas...






 

venres, 24 de febreiro de 2023

Alimentación saudable

 
Despois do Entroido e de tantos cocidos, filloas, orellas.... Mireia volveu al cole para seguir falándonos de alimentación saudable, e esta vez veu acompañada dun nutricionista chamado Eloy, que nos trouxo unhas receitas moi interesantes e deliciosas.
Fixemos un repaso das cousas que aprendemos nas sesións anteriores e logo un divertido xogo sobre os variados compoñentes dentro de cada grupo alimentario.
E para motivarnos... con cada acerto logrado podíamos probar un pouquiño de humus de remolacha e de humus de aguacate!
Déronnos a receita para facer na casa, así que pronto seremos, todos e todas, uns expertos chefs en cociña súper saudable.
 
 
 




xoves, 9 de febreiro de 2023

RCP- Reanimación cardiopulmonar

Continuando o traballo comezado dende a área de Educación Física, que tivemos que deixar pausado pola normativa de seguridade da COVID-19, este curso retomamos a formación en reanimación cardiopulmonar, coa axuda de Xan Moure para os cursos de 5º e 6º.


venres, 18 de febreiro de 2022

COMPIGUAL

 Dende o concello, sae adiante o programa Compigual, "COMPstela pola IGUALdade de xénero", unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Políticas de igualdade do Concello de Santiago de Compostela.

  Este programa que busca traballar a igualdade e previr as violencias de xénero. acompañou ao alumnaod de 4º,5º e 6º en dúas xornadas nas que traballaron as dinámicas de "A min gústame o Rosa" (socialiación de xénero) e "Falemos de Amor" (violencias machistas), Unha pinguiña mais que levamos na nosa mochila duns aprendizaxes tan necesarios.



 

luns, 27 de setembro de 2021

FORMANDO BIBLIOAXUDANT@S

O voluntariado da biblio, xa está posto en marcha, traballando, practicando, coñecendo, colocando... preparándose para poder colaborar e axudar a Lingoreta! 

Este ano contamos con 26 axudantas e axudantes!!!!



domingo, 11 de abril de 2021

8 abril- Día do pobo Cigano

 Chegada esta data e comezando o terceiro trimestre, quixemos pararnos e coñecer un pouco mais sobre a historia e a cultura do pobo cigano. Personaxes influintes, datos de interese, curiosidades, información en xeral. 

Dende as diferentes aulas se están a elaborar traballos, que pouco a pouco se irán espoñendo no centro para que o resto do alumnado os poida visivilizar.

*Segundo se vaian aportando traballos novos, irase actualizando este espazo. 

 





 




venres, 26 de marzo de 2021

TRABALLANDO CON MAQUETAS

 Rematamos o trimestre cun miniproxecto sobre o relevo. 

O alumnado de 2º ciclo B, fixo unhas maquetas moi molonas onde demostraron todo o que foron aprendendo na clase, e por suposto tamén se divertiron.

Tédelas expostas na biblioteca, por se queredes botarlles unha ollada.