Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 23-24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 23-24. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de abril de 2025

ENTROIDO DE LAZA

O alumnado de 2ºA, estivo traballando sobre o entroido de Laza e os seus Peliqueiros, e aquí espoñen o seu traballo no espazo do proxecto da escola.

 





mércores, 5 de febreiro de 2025

NOVIDADES DO MES DE FEBREIRO

 Febreiro trae un carro de novidades! Bulide que xa houbo quen colleu algunha un segundo despois desta fotografía!


 

 

martes, 29 de outubro de 2024

PROXECTO ENTROIDO VIVO

 Xa temos proxecto para este curso.  

Debido a que a nosa experiencia cos entroidos tradicionais foi recoñecida xunto aos outros centros participantes co premio Antonio Fraguas Fraguas, imos a encamiñar os traballos dende todos os equipos da escola co fin de traballar ben a fondo nesta temática e desenvolver un producto final que nos faga ser máis entroideiras e entroideiros que nunca. Como vedes, Lingoreta xa se puxo en marcha!

iniciamos o proxecto: Viva o entroido vivo! Língua, festa e comunidade 


sábado, 29 de xuño de 2024

PROXECTO LINGORETA ATLETA

 Como cada curso, a parede máis grande do hall da escola, convértese no muro do proxecto, e así, dende que comezamos coa creación da bandeira dos aros olímpicos, cada material que se foi creando de forma física, foise espoñendo neste espazo, e a falta de todo aquelo que non está visible neste formato, coma o himno de Lingoreta, as olimpiadas xogonas do día da educación física, os aros sementados cos desexos no patio, o acto inaugural no que Carmen acendeu a pira olímpica, as visitas e entrevistas a deportistas, etc... así de cheo de información remata este muro do proxecto de Lingoreta atleta neste fin de curso!

Moi bo traballo equipo! Cal será o seguinte proxecto? tedes algunha proposta?

PROXECTO  LINGORETA  ATLETA




venres, 21 de xuño de 2024

FIN DE CURSO

Despedimos o curso xogando con Chafarís, gozándoo e pasándoo ben! FELIZ VERÁN!










RECOMENDACIÓNS LECTORAS E XOGONAS PARA O VERÁN

 Un ano máis coa colaboración das Mulleralias e o bo facer da libraría Lila de Lilith e Chafarís, compartimos con vós unhas recomendacións xogonas e lectoras para este verán. Así como información sobre unhas das datas máis agardadas destes meses, A noite de San Xoán.






Himno de Lingoreta. Proxecto Lingoreta Atleta

Toda sede olímpica ten un himno cerimonial dos Xogos Olímpicos, e a vila de Lingoreta Atleta non ía ser menos!

O alumnado de 4º de primaria, elaborou o texto que ía formar parte deste himno, e o mestre Luís fixo a música. O alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria elaboraron unhas ilustracións e coa axuda do Centro Xove da Almáciga preparouse esta gravación coa que damos por finalizado o proxecto deste curso!

O alumnado de toda a escola, interpreta no seguinte vídeo o himno de Lingoreta, coidado que é moi pegadizo!

 

mércores, 19 de xuño de 2024

LECTURAS NA BIBLIO

 A biblioteca, un lugar fantástico onde esta semana estiveron facendo as lecturas do plan lector o alumnado de 4º de primaria con Delfina.



GRADUACIÓN DE 6º

 O alumnado de 6º remata a súa andaina neste centro! Votaremos moito de menos a esas personiñas coas que pasamos tantas horas e fomos vendo medrar, pero hoxe pola mañán festexamos que chega o momento de cambiar de aires!


Con Antón como mestre de cerimonias, pasamos por algúns momentos emotivos como o discurso de Susi ou as lembranzas destes 9 anos na escola, en fotos... Como cambiamos!!



Despois viñeron as actuacións de Helena cantando e Eire ao piano, menudas artistas!



Houbo un momento para os discursos de agradecemento a Carmen, a Susi e mais un resumo do que este cambio significa para as súas vidas.



E rematamos coa entrega de diplomas, de orlas e as apertas para cargar de agarimo esta despedida... (vídeo feito por Celtia Iglesias)
 








ESTA SEMPRE SERÁ A VOSA ESCOLA! 

NON VOS ESQUEZADES DE VIR VISITARNOS!