A trompa é un instrumento de vento metal que seguramente todas coñecedes, tanto pola súa forma como polo seu son. Na clase de 4º temos un rapaciño que se animou a comezar a tocala este curso, Yuri, e a semana pasada tróuxoa ao cole para explicarnos as súas partes e como se tocaba. Despois deleitounos con algunhas pezas curtiñas, unha das cales puidemos acompañar cantando. Tamén nos contou a diferenza entre tocar legato ou ligado, staccato ou picado e frulatto. Este último é característico dos instrumentos de vento, e conséguese soprando ao tempo que se articula o fonema /r/.
Dous días despois visitounos Jorge, o seu mestre de trompa no Conservatorio, que a través dun relato nos foi contando a historia deste instrumento, mentras tocaba algúns fragmentos de melodías moi coñecidas! Descubrimos que os inicios da trompa están nos cornos de animais ou que é o símbolo de Correos, entre outras cousas.
Yuri tamén se animou a tocar con Jorge unha coñecida melodía coa que intentamos realizar un canon...
Gustounos moito e agradecemos este tipo de actividades, que sempre están cheas de alegría e ganas de máis!!!
Alumnado de 4º de primaria



Ningún comentario:
Publicar un comentario