Amosando publicacións coa etiqueta Educación Vial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Vial. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de outubro de 2026

O alumnado de 4º de Educación Primaria visita as dependencias da Policía Local

O venres día 2 de outubro o alumnado de 4º de Educación Primaria recibimos a visita da Policía Local de Santiago de Compostela nas nosas aulas.

A actividade tivo dúas partes. A primeira, foi unha charla teórica para informarnos de como debiamos comportarnos como peóns polas rúas. A segunda parte, máis práctica tivo lugar polas rúas de Compostela, onde Roberto, o policía local, ía dándonos indicacións de como ir pola rúa, como pasar por riba dos pasos de peóns, como pasar por diante dos garaxes...

Sen embargo, o mellor estaba por vir. Chegamos á comisaría da policía. O que máis nos chamou a atención foron as celas para aquelas persoas que foran detidas. Eran moi pequenas e a verdade é que nos causaron impresión xa que nunca viramos como eran.

A visita da Policía Local gustounos moito e ensinounos moitas cousas que non coñeciamos como peóns. 

Noticia redactada polo alumnado de 4ºA 


 

domingo, 9 de novembro de 2025

Educación viaria en 6º

 Hoxe o alumnado de 6° de primaria asistiu a unha actividade organizada polo Concello de Santiago e a Policía Local relativa á seguridade viaria. O alumnado recibiu unha charla informativa sobre normas de circulación e uso de bicicletas e despois, nun circuíto pechado, puxo en práctica todo o aprendido.
Pasáronno xenial!



 

venres, 6 de decembro de 2024

EDUCACIÓN VIARIA

  O alumnado de 6º para completar a súa formación en educación viaria, tivo unha xornada en Amio que comezou cun repaso das normas de circulación como peón e como conductor e logo leváronnas á práctica nun percorrido mentres uns conducían bicicletas e outros vehículos de rodas mentres outros outros paseaban por esa "cidade" creada.

Unha xornada diferente e que nos ven moi ben para saber movernos polas nosas rúas. 



mércores, 8 de maio de 2024

Gala da educación vial

 Hoxe o alumando de 4° asistiu á VI gala  pola educación viaria. Ademais de poñer fin ás actividades e aprendizaxes para ser mellores cidadáns e ter unhas rúas máis seguras, pasárono moi ben vendo unha especial obra de teatro! 

Sen dúbida, o mellor momento foi a entrega de premios do concurso de debuxos pola educación viaria. De todos os coles de Santiago, só houbo 4 nenos/as gañadores/as e unha foi a nosa compañeira Aurora. Felicidades polo teu traballo, que disfrutes moito desa fermosa bici.





venres, 12 de abril de 2024

Educación vial en Amio

A Policía Local de Santiago de Compostela ten instalado un Parque de Educación Viaria no recinto feiral de Amio. A aula de 6º de Primaria visitámolo o pasado venres, e a experiencia pareceunos fantástica. Ademais dunha interesante parte teórica, a parte práctica foi a que ocupou a maior parte do tempo e tamén a que máis nos gustou. A instalación consiste nun circuíto que simula unha cidade: rúas, pasos de peóns, semáforos, sinais diferentes, rotondas... 

Tivemos a oportunidade de movernos en bicicleta, cumprindo as normas para evitar accidentes e respectando a todas as persoas, tanto ás viandantes (cadeiras de rodas e carriños de bebés incluídos), como ás que se moven en diferentes medios de transporte.

Xa que a bicicleta foi o medio de transporte que empregamos, tamén nos contaron aspectos moi interesantes sobre a súa seguridade: como regular a sela para que estea á altura correcta, como colocar o casco correctamente, etc.

Gustounos moito a actividade, e parécenos moi importante para coñecer ben as normas á hora de movernos polas cidades. 

Noticia redactada polo alumando de 6º de primaria







xoves, 18 de xaneiro de 2024

Policia local. SEGURIDADE VIARIA

 O día 19 de decembro un número da policía local acudiu ao cole para impartir unha charla sobre Educación Viaria .

Achegámonos á biblioteca onde   vimos unha presentación na que se amosaba como debemos comportarnos cando nos desprazamos  pola cidade ou polas zonas rurais.

Unha vez rematada puxemos uns chalecos para ser perfectamente visibles e acompañámolo ata as instalacións da policía local no Pazo de Raxoi.

Ao longo do traxecto foinos explicando como era a forma correcta de actuar cando somos peóns e cales  podían ser as situacións nas que tiñamos que ter máis precaución.

Tamén nos indicou onde estaban as cámaras de control do tráfico das zonas polas que íamos pasando e cal era a finalidade dos postes que baixan e soben  que atopamos ao entrar na zona histórica.

Nas instalacións vistamos a sala de control das cámaras encargadas de visionar a cidade e os seus accesos e explicáronnos como funcionaban e cal era a súa finalidade.

Logo dirixímonos ao espazo onde se reúnen ao inicio de cada turno para recibir as instrucións do día .

Alí outro número falounos de cales eran as súas funcións e amosounos o equipo co que traballaban: defensa, guantes , lanternas, escudos, chalecos antibalas, esposas,...

Para rematar a visita fomos ver os calabozos e permitíronnos entrar neles porque nese momento estaban baleiros.

Ao saír para volver ao cole agasalláronmos con un xogo de baralla para cada persoa sobre educación viaria.

O policía acompañounos de volta ao cole e aquí foi recollido polo seu compañeiro de turno nun coche da policía local para volver á súa base.

Foi unha actividade moi interesante e divertida na que aprendemos moito do traballo  da policía local e de como desprazármonos con seguridade.

Noticia redactada polo alumnado de 4º de primaria.








martes, 7 de marzo de 2023

EDUCACIÓN VIAL

 Taller de Educación Vial  a cargo da Policía Local de Santiago.


Nel houbo unha presentación de como debemos xestionar a vía pública se somos peóns ou conductores de bicicleta. Regras, prioridades, atencións e sinais máis importantes. Logo parte práctica empregando un espazo de simulación no que practicar diferentes roles (peóns, conductor de bicicleta ou cuadricuclos)