Amosando publicacións coa etiqueta O Apalpador. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Apalpador. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

RUADA DO APALPADOR

 Como cada ano o Apalpador non falta nunca á súa cita. Lembrade que hoxe a partir das 18.30 da tarde andará pola Gentalha do Pichel.

 

  E como cada ano contaxia maxia a moreas, mirade o que fixo cos debuxos das crianças de 6º de E.I. 

 


mércores, 17 de decembro de 2025

VÍDEO DO APALPADOR EN 5º EI

 Ao alumnado de 5⁰ EI gustoulle tanto as sorpresas do Apalpador que lle quiso adicar este vídeo cos seus debuxos.
Agardámoste na noite do 24 de decembro!


 

domingo, 30 de novembro de 2025

MAQUETA DE INVERNO

 Achégase Decembro!! Época de frío, noites longas e días curtos.  Tamén é mes de maxia e  personaxes fantásticos...

Mirade que bonita quedou a maqueta  que fixo a compañeira Lucía co alumnado de infantil...
Coñecedes  ao personaxe que aparece nela?



xoves, 19 de decembro de 2024

o APALPADOR EN INFANTIL!

 Unha vez máis chega o final do primeiro trimestre. O acontecemento máis esperado ao final do ano é a chegada do Apalpador ás nosas casas.  

As nenas e nenos de 6º de E.I. fixeron uns debuxos tan bonitos que mesmo parece que cobran vida.  Desfrutade deste video e non esquezades que se queredes ver ao xigante Carboeiro, este venres día 20  andará pola zona vella a partir das 18.00.

 

domingo, 15 de decembro de 2024

APALPADOR ENTROIDEIRO anda de viaxe...

 Vaia, vaia, vaia...parece que o Apalpador non está disposto a descansar, está en moi boa forma e apareceu con este chapeu e esta mensaxe. 

Algunha das persoas desta comunidade ten idea do lugar polo que anda o noso amigo?


 

mércores, 11 de decembro de 2024

APALPADOR ENTROIDEIRO ANDABA POLO COUREL

  Temos novas do Apalpador! Parece que a resposta do alumnado de sexto non o convenceu moito.... Pero acéptaa como boa. 

Na súa saída do COUREL, coa súa vestimenta o Apalpador era un XARDOEIRO!


Rapazada de sexto, tócavos a vós levar ao Apalpador a entroidar por Galiza adiante.


 

luns, 9 de decembro de 2024

Onde se agocha o Apalpador?


Rocío díxonos que podiamos atopar o Apalpador en calquera dos recunchiños da escola. E vaia sorpresa levamos hoxe cando o descubrimos no baño!




 

venres, 6 de decembro de 2024

APALPADOR

 Dixéronnos que ao Apalpador gústanlle moito as alturas, é bastante lóxico vindo do Courel.  Hai persoas que o viron agochando polos edificios.... Estade todas moi atentas...


 

venres, 29 de novembro de 2024

De que figura do entroido se vestiu o Apalpaddor?

 Este ano o Apalpador saiu do Courel antes de decembro. Decidiu que quería viaxar por Galiza visitando os lugares onde existen figuras de entroido.


Comeza cunha figura ben curiosa e quere que adiviñemos de que figura se trata.  Xa sabe el que nesta escola nos gusta o entroido e tamén a festa, é por iso que teremos que ir adiviñando as figuras seguindo as súas pistas  e contestando con coplas de regueifa.

xoves, 28 de novembro de 2024

NA BUSCA DO APALPADOR

 Na escola colouse un personaxe singular de Nadal, que como di a canción... "Non ten reno voador, nin coroas de latón, simplemente é un pastor moi bonachón...". O APALPADOR!!!


O alumnado de infantil foi na súa busca e alí, na entrada, atopouno. Alto, alto coma o noso mestre Luís.






 

xoves, 21 de decembro de 2023

APALPADORES

Está claro que nesta escola, estamos chamando polo Apalpador...





Deseños elaborados con diferentes técnicas, un por cada aula do centro.


luns, 4 de decembro de 2023

APALPADOR

 Un ano máis e case sen darnos conta chegou Decembro. O Nadal peta ás portas e como non podia ser doutro xeito o Apalpador saiu xa do Courel e comeza a aparecer polo noso centro.  As nenas e nenos de 6º de E.I. retrataron ao xigante carboeiro, que como por arte de maxia cobrou vida neste video que aqui vos presentamos.

Non esquezades facerlle un sitio ao Apalpador na vosa casa este Nadal e lembrade que chova ou neve andará de visita pola zona vella da nosa cidade o dia 21.  Sairá do local social A Gentalha do Pichel ás 18.30.

 

domingo, 11 de decembro de 2022

O Apalpador

 O Apalpador saíu do Courel fai pouco. Lembrade que antes de deixar os agasallos o 24, parará en Compostela. Paseará pola zona vella o día 22. Sairá do centro sociocultural A Gentalha do Pichel ás 18.00.

En 6º de E.I. fixéronlle uns retratos ben bonitos para animalo na viaxe.


venres, 17 de decembro de 2021

Chega o Nadal

 Vaise achegando o Nadal, e o Apalpador xa está preparando todo!!

Sabes quen é o Apalpador???     Queres saber algo mais sobre el???

Emprega un móbil ou unha tablet para ler os seguintes códigos QR, e poderás coñecer un pouco mais a este personaxe do que tanto escoitamos falar.










venres, 21 de decembro de 2018

CONCERTO DE NADAL E VISITA DO APALPADOR



Despois de todo un trimestre cheo de esforzo e traballo chegou o día do festival de Nadal! Como non pode ser doutro xeito, para celebralo tivemos con nos ao Apalpador, que fixo unha pequena parada no Apóstolo Santiago. E para continuar a festa, pechamos o trimestre co concerto de Pakolas!!