sábado, 31 de marzo de 2035
venres, 6 de novembro de 2026
O MAGOSTO NA NOSA ESCOLA!
Hoxe celebramos o xa tradicional Magosto da escola, unha mañá chea de xogos, castañas e tradicións galegas. Aquí vos contamos como foi a xornada!
🎯 Comezamos xogando!
Aproveitando a fresquiña da mañá, organizamos unha xornada de xogos tradicionais galegos, na que o alumnado, distribuído por grupos de idade, puido participar en diferentes propostas para recuperar e gozar dos xogos de sempre.
🌰 Chega a castañada!
Despois dos xogos, chegou un dos momentos máis agardados: a castañada! Moitísimas grazas ás familias que colaboraron asando as castañas desde primeira hora da mañá. Sen a súa axuda, esta celebración non sería o mesmo!
🌀 Polo San Martiño, os trompos ao camiño!
E para rematar a mañá, celebramos o Día do Peón. Sarela e Mauro foron os encargados de ler o pregón, un texto creado polo alumnado de 4º de Primaria que deu o sinal de saída a varios recreos moi especiais. A partir de hoxe, os peóns, buxainas, bailaretes e outros xoguetes xiratorios serán os protagonistas dos nosos recreos!
Viva o Magosto e viva a tradición! 🌰🌀 Esta finde, a festa segue na praza 8 de marzo co Magóstolo!
SE QUERES VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO, PREME AQUI.
mércores, 4 de novembro de 2026
luns, 2 de novembro de 2026
sábado, 31 de outubro de 2026
SAMAÍN NA ESCOLA
Nesta fin de semana celebramos o Samaín.
*Se queredes ver todas as fotos desta semana, premede aquí.
Comezamos nesta semana facendo os calacús en diferentes obradoiros polas aulas para ambientar o centro.
As nenas e nenos de sexto fixeron un tríptico estupendo, onde se explica que é o Samaín. Ademais baixaron ao Cruceiro de San Pedro para deixar alí información e máis os Calacús que elaboraron.
E o xoves tivemos sesión de cine na biblioteca para ver unhas películas terrorificamente divertidas.
PARA QUE JALOGÜÍN! O NOSO É O SAMAÍN!!
















































