Amosando publicacións coa etiqueta COMUNIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMUNIDADE. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2026

OS MAIOS

 Esta semana celebramos na escola unha das tradicións máis especiais do curso: a elaboración dos nosos Maios. Ao longo dos días, a rapazada foi traendo fiunchos, xestas, pampillos, bugallos e flores variadas para ir construíndo, pouco a pouco e por quendas, o noso Maio e o Maíño coa axuda e organización da mestra Rocío.

O venres chegou o momento máis esperado: saír a pasear o Maio e o Maíño polo barrio da Almáciga acompañadas das familias, compartindo música, tradición e convivencia polas rúas do barrio.

Para rematar, xuntámonos no patio da escola para cantarlles en roda aos Maios e celebrar todas xuntas esta fermosa festa da primavera.

Ademais, aproveitamos esta ocasión para amosar o noso apoio ao equipo de baloncesto da nosa cidade nun día ben importante, incorporando unhas bufandas do equipo nos maios (algo que comezou como unha broma de mañá, pero que decidiu por quedarse). Durante este curso, o club compartiu unhas actividades co alumnado de primaria, e son moitos os nenos e nenas  siareiros do equipoque seguen os seus partidos con ilusión. 

PREME AQUI PARA VER TODAS AS FOTOS DA XORNADA 

 

mércores, 4 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE ENTROIDO COAS FAMILIAS DE 5⁰ E.I.

Os galos da Mezquita xa están casi rematados e grazas á colaboración das familias que ano tras ano nos acompañan no obradoiro do Entroido.


Estamos desexando saír no pasarrúas para lucilo con todas e todos vós.

 









luns, 10 de novembro de 2025

MES DA CIENCIA

 

Novembro é o mes da ciencia, e na nosa biblioteca podes atopar un feixe de libros cargados de experimentos, colocados no espazo de recomendacións mensuais...

 

ANIMÁDESVOS A FACER UN EXPERIMENTO NA VOSA CASA ou NAS AULAS??

Se o gravades e o compartides con Lingoreta, subirémolo a este blog para que o poidades ver dende as aulas! 

 

...Enviádeo a biblioteca.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal ou a biblio.vagalume@gmail.com  

 

 

 Podemos ver algunhas ideas de experimentos nas seguintes ligazóns:


     

     

     

     

     

   

xoves, 6 de novembro de 2025

ENTREVISTAS

 Un grupiño de biblioaxudant@s estivo colaborando coa comisión do Magóstolo facendo unha entrevista nun comercio do barrio, para participar na Fanzine que van elaborar este curso!




luns, 27 de outubro de 2025

SAMAÍN NA ESCOLA

 Hoxe tocou día de traballo no cole. 

Todas as aulas da escola, moitas coa axuda das familias que puideron acompañarnos, estiveron preparando os seus calacús que a estas horas xa locen acendidas polo vestíbulo do centro. 

Algunhas delas, o xoves baixarán ao Cruceiro de San Pedro para acompañar á xente do barrio nesta noite de Samaín. 

preme aquí para ver as fotos do Samaín na escola e no barrio