Amosando publicacións coa etiqueta 3Decembro Día das persoas con discapacidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3Decembro Día das persoas con discapacidade. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de xaneiro de 2026

Somos barrio: paseamos para detectar barreiras e construír inclusión

No marco do proxecto de centro “Somos barrio” e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o noso alumnado participou nunha actividade moi especial fóra das aulas.

Ao longo dunha saída polas rúas dos barrios da Almáciga e de San Pedro, nenos e nenas convertéronse en observadores e observadoras activas da súa contorna, co obxectivo de buscar, identificar e analizar barreiras arquitectónicas que dificultan a mobilidade e a autonomía de moitas persoas.

Durante o paseo, o alumnado detectou beirarrúas estreitas, ramplas inexistentes ou mal deseñadas, escaleiras sen alternativa accesible, pasos de peóns pouco adaptados ou obstáculos no espazo público. A partir destas observacións, reflexionaron sobre como estas barreiras afectan á vida diaria das persoas con discapacidade e doutros colectivos, como persoas maiores, familias con carriños ou persoas con mobilidade reducida temporal.

A actividade non rematou coa observación: nas aulas, o alumnado analizou as barreiras atopadas e elaborou propostas de mellora, apostando por un barrio máis accesible, seguro e inclusivo para todas e todos.

Con iniciativas como esta, seguimos aprendendo que coñecer o barrio é o primeiro paso para coidalo e transformalo, e que a inclusión constrúese tamén desde a mirada crítica, a empatía e o compromiso coa comunidade.

**Seguiremos subindo imaxes e propostas a medida que se vaian colgando no espazo do proxecto.






xoves, 4 de decembro de 2025

BUSCANDO BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

 O mércores 19 de novembro os nenos e nenas de primeiro e segundo camiñamos polo barrio de San Pedro para detectar barreiras arquitéctonicas. 

Coidado! Hai un montón. Nos vindeiros días presentaremos alternativas... Estado atentos/as!


 

Agora, o día 3 de decembro, falando polo día internacional da discapacidade, colocamos as fotos que sacamos aquel día sobre as barreiras arquitectónicas que atopamos polo barrio, xunto coas nosas propostas de mellora.




 

luns, 1 de decembro de 2025

venres, 21 de novembro de 2025

BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS POLOS BARRIOS

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Discapacidade e en correlación co proxecto do centro "Somos barrio", o alumnado de E.I. saiu polo barrio, zona de Bonaval, na busca de barreiras arquitectónicas. 
Atopamos unha chea delas!! Animámosvos a que as atopedes con elas!! Ademais de outros elementos do barrio de moito interese: sinais de tráfico, zonas de aparcadoiro... 









luns, 4 de decembro de 2023

3 de decembro. Día da discapacidade

 Dende o departamento de orientación, quixeron aproveitar esta data para visibilizar outras formas de escritura e linguaxe que deben empregar persoas con discapacidade auditiva ou visual, e que nós tamén podemos aprender para comunicarnos con elas.

Deste xeito, puxéronnos un pequeno reto relacionado co proxecto de Lingoreta atleta, atréveste a intentalo?

Tes todo o material na entrada ao despacho de Orientación!










sábado, 11 de decembro de 2021

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro, conmemórase o día das persoas con discapacidade, e dende 1992 busca dar a coñecer e concienciarse sobre a diversidade de capacidades que teñen as persoas, pretendendo integrar e acadar unha igualdade de oportunidade para todas.

Dende o ano 2017, na ONU se recibe a que a día de hoxe é a bandeira da discapacidade. Coñecíala?


🎥 Durante este días, animámosvos a ver e traballar unhas curtas seleccionadas polo equipo de Convivencia do cole (Se premedes nos títulos, xa se vos abre directamente a curta en Youtube):

 
 
🎥 A seguinte semana, temos reservados 3 días para ir por quendas camiñando ata o Cinema Numax, para ver a película de Valentina. Este curso, queremos coñecer un pouco mais sobre a discapacidade intelectual, e concretamente queremos visivilizar a  Sindrome de Down e coñecer un pouco mais sobre ela, por eso queremos comezar por coñecer a Valentina, os seus intereses e as súas inquedanzas. A contínuación tedes o avance da película, por se queredes irvos anticipando.

 


xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional, un día para lembrar a igualdade real, sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todas e todos somos diferentes e cada unha/un de nós ten moito que aportar aos demais.

O Departamento de Orientación, tomou a iniciativa na creación dun Padlet, co que se traballou nas diferentes aulas. Nel se pode atopar, información, actividades, curtas....etc. (na parte baixa tedes unha barra para poder pasar por todos os apartados).

 UN DÍA PARA TOD@S


 

Na aula de infantil-A, tiveron unha xornada de vivenciación sobre distintas discapacidades, aquí vos deixan unha mostra do que fixeron para sentir a discapacidade visual:

  

Na aula de infantil-C decidíronse por vivenciar a discapacidade motora coa axuda dunha cadeira de rodas, analizando as dificultades que se poden atopar no noso entorno diario.