Amosando publicacións coa etiqueta 23F. Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 23F. Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de marzo de 2026

Arquitecturas poéticas no Día de Rosalía

Dentro do noso proxecto de centro “Somos barrio”, co que queremos coñecer mellor os barrios, as rúas e os edificios que forman parte da nosa vida cotiá, celebramos o Día de Rosalía de Castro cunha actividade moi especial: “Arquitecturas poéticas”.

Partindo da idea de observar o noso contorno con ollos curiosos, escollemos diferentes edificios recoñecibles dos barrios da Almáciga e de San Pedro. Mirámolos con atención, falamos sobre eles, e despois transformámolos en arte.

A proposta consistiu en crear caligramas, é dicir, poemas ou textos que adoptan a forma dun debuxo. Neste caso, a través dos versos de Rosalía de Castro, as palabras foron dando forma á arquitectura dos edificios escollidos, mesturando poesía e barrio nun mesmo traballo. Así, as fachadas enchéronse de versos e as siluetas convertéronse en composicións cheas de significado.

Con esta actividade quixemos unir literatura, creatividade e identidade, demostrando que a poesía tamén pode habitar nas nosas rúas e que cada recuncho do barrio pode inspirar palabras fermosas.

 

 







luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 Co fin de seguir traballando as regueifas neste curso, decidimos coñecer un pouco máis o poemario de Rosalía de Castro, dándolle unha voltiña, collendo algunhas ideas clave e facendo unhas regueifas!!

Animámosvos a ler as creacións do alumnado da escola!












 

 

mércores, 5 de febreiro de 2025

RECOMENDACIÓNS DE FEBREIRO

 No mes de febreiro fixemos unha boa escolla entre o equipo de biblioaxudantas para ler con motivo do día de Rosalía e do día da nena e a muller na ciencia!

Aimámosvos a coñecelos! 



sábado, 24 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 23 DE FEBREIRO

Tras un par de semaniñas de traballo, nas que estivemos aprendendo e rapeando os poemas de Rosalía de Castro, despois gravándoos no Centro Xove da Almáciga amosando moita paciencia porque estas cousas hai que repetilas varias veces, rematamos por conseguir preparar un vídeo en conmemoración aos poemas destas gran muller que hoxe compartimos todas xuntas no salón de acto, en forma de homenaxe.

 


xoves, 1 de febreiro de 2024

RECOMENDA

Neste mes de febreiro non soubemos decidirnos... así que recomendamos lecturas de 3 temáticas diferentes: Rosalía de Castro, A muller na ciencia e o Entroido!



xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

Damos por finalizado o II Certame fotográfico de Rosalía de Castro

Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!

Para participar neste certame, solicitamos unha foto que, dalgunha maneira, ilustrara algúns versos de Rosalía de Castro, e quí deixamos a continuación todas as participacións para que poidades gozar delas.











 

O alumnado de 3º, axudou a decorar este xardín homenaxe a Rosalía, cunhas flores chegas de datos sobre ela, animádevos a pasar pola entrada do cole a lelos!






Todas as persoas participantes levaron un agasallo conmemorativo. Moitísimas grazas por participar.
 



.