Amosando publicacións coa etiqueta METEOAPÓSTOLO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta METEOAPÓSTOLO. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de abril de 2021

Ata sempre meteoapóstolo

 Aquí rematamos este proxecto,  como en todo traballo non todo sae á primeira. Por ese motivo nestes meses xuntamos moitas tomas que non sairon á luz. 

Neste vídeo queremos agradecer a todas as persoas que nos axudaron e recopilar todos eses momentos polos que pasamos: experimentando co croma, coa cámara e os momentos máis graciosos. 

Esperamos que vos guste e o pasedes moi ben.  


 

venres, 23 de abril de 2021

O tempo con Anh Tu

3,2,1 no aire...

Danos moita lástima, pero esta é a nosa última previsión. Para esta ocasión tan especial, temos como presentadora a unha gran profesional, Anh Tu. Fixo un traballo xenial e do que todos desfrutamos moito. 

Estade moi pendentes nestes días, porque como o prometido é débeda, subiremos o noso vídeo de momentos graciosos. 



O tempo con Lorenzo

3,2,1 no aire...

Este proxecto está chegando ao seu fin. Estamos moi contentos de  presentarvos a un gran presentador como é Lorenzo, fíxoo xenial. Cada día aprendemos cousas novas e encántanos este traballo. Esperamos que vós tamén o disfrutedes. 


 

xoves, 22 de abril de 2021

O tempo con Daniela

 3,2,1 no aire...

Hoxe foi a quenda de Daniela, un traballo estupendo e moi profesional. Non sabe a TVG os presentadores que está perdendo, porque é tan fácil gravar con eles, todos uns profesionais. 

Estade atentos á previsión porque hoxe viaxamos en tempo real a Carnota; do Apóstolo Santiago a Carnota nun abrir e pechar de ollos. 



martes, 20 de abril de 2021

O tempo con Alejandro

 3,2,1 no aire...

Nestes días tan inestables é importante contar cunha boa previsión meteorolóxica. Hoxe temos como presentador a Alejandro, que fixo un traballo xenial. Mostramos o mapa de isóbaras, para que poidades ver como se está dirixindo a Galiza a borrasca causante destas choivas. 

Parabéns ao gran presentador e ao estupendo equipo que hai detrás da cámara. 



venres, 16 de abril de 2021

O tempo con Xulia

 3,2,1 no aire...

Temos lista a previsión desta fin de semana. Nesta ocasión foi a quenda de Xulia, que o fixo xenial eso que hoxe gravamos co tempo xustiño, pero esta presentadora é toda unha profesional e nin iso a puxo nerviosa. Brava👏👏




xoves, 15 de abril de 2021

O tempo con Xián

 3,2,1 no aire...

Neste día contamos en meteoapóstolo cun auténtico presentador. Xián tomouse este traballo moi en serio, o que vedes foi o que gravamos, as primeiras tomas foron perfectas. 

Estade atentos que vos damos unhas suxestións para facer na fin de semana. 


mércores, 14 de abril de 2021

O tempo con José

 3,2,1, no aire...

Hoxe temos o pracer de contar cun presentador de categoría, José Ignacio. Fixo un traballo xenial e tráenos unha nova entrega de DECÍMOSCHO NÓS,  para aprender novas palabriñas. Estade moi atentos. 



Saída Museo de Historia Natural

 

Neste día os nosos meteorólogos non puideron elaborar a predición meteorolóxica porque hoxe especializámonos noutras temáticas. Visitamos o Museo de Historia Natural aproveitando que estamos dando a clasificación dos seres vivos en ciencias da natureza. 

 Despois de tanto tempo de corentenas e confinamento fíxonos especial ilusión poder realizar esta saída. 

Para respectar as normas Covid entramos no museo en dúas quendas. 

No museo puidemos ver moitos animais e minerais, investigamos sobre a súa clasificación e características. Nas nosas casas xa investigáramos sobre algúns animais e minerais e no museo actuamos como auténticos exploradores, ata un pase identificativo tiñamos. Animamos a todos a visitar o museo e poñemos un reto: buscade o chorlito e investigade sobre el. Veredes que cando vos digan iso de "tes cabeza de chorlito" será toda unha honra para vós. 

Mestras uns estaban no museo outros quedamos facendo uns xogos. Comezamos xogando ao "quen son?" con animais, segundo a clasificación que traballamos había que adiviñar que animal agochaba a nosa cabeza; ollo porque non é nada doado porque animais hai milleiros. Para rematar esta quenda de xogos afianzamos o traballo cooperativo, construímos pirámides con vasos pero sen tocar nin un só vaso. Parécevos maxia? Pois non, é traballo en equipo, xuntos podemos facer calquera cousa. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como foi o noso día.

 











martes, 13 de abril de 2021

O tempo con Naia


 3, 2, 1 no aire...

Foi a quenda de Naia, que nos demostrou ser unha auténtica experta no manexo do croma e tamén comunicadora. Eso que a Naia lle tocou un día difícil, con moita inestabilidade atmosférica, así é moi complexo acertar coa predición. Pero páselle aos mellores. Para nós o importante é seguir informándovos. 


venres, 9 de abril de 2021

O tempo con Mateo Lois

 3, 2, 1 no aire...

Rematamos a semana coa previsión meteorolóxica de Mateo Lois, un auténtico profesional, que ata ten os seus pequenos segredos dando o tempo, pero... o que pasa detrás da cámara NON SE CONTA😂

Mateo danos a previsión da fin de semana, antes de facer plans escoitade o que nos di. 


xoves, 8 de abril de 2021

O tempo con Mateo Álvarez

 3,2,1 no aire...

Dende meteoapóstolo temos o pracer de ter como presentador a Mateo Álvarez, fixo un traballo estupendo. Estade ben atentos ao que nos di porque aprendemos novos conceptos, premede no vídeo e deixade que Mateo volo conte. 





mércores, 7 de abril de 2021

O tempo con Abel

 3,2,1 no aire...

Cada día temos especialistas diferente e hoxe foi a quenda de Abel. X
a estamos camiño de ser profesionais, porque Abel na súa previsión danos ata a previsión marítima👏 Se queredes ir a praia ou queredes sair de pesca estade atentos. Un traballo xenial e que cada día sae mellor.

martes, 6 de abril de 2021

O tempo con Beltrán

 3, 2, 1, no aire 

Xa estamos de volta de vacacións e con nós volve a previsión meteorolóxica. 

Hoxe contamos con Beltrán como presentador, un traballo xenial fíxoo como un auténtico profesional.

Cada día imos mellorando cousiñas, un día destes mostraremos todo o que pasa detrás de cámaras e como é a nosa rodaxe. 


venres, 26 de marzo de 2021

O tempo con Helena

 3, 2 , 1  no aire...

Antes de marchar de vacacións queremos deixar feita a predición meteorolóxica da fin de semana, porque xa sabedes que o tempo muda moito dun día para outro. 

Hoxe contamos con Helena como presentadora, é toda unha profesional, estamos abraiados 😲. 

Esperamos que vos guste e que teñades unha moi boa pascua, vémonos a volta. 




xoves, 25 de marzo de 2021

O tempo con Sofía

 3, 2, 1 NO AIRE

Se queredes consultar o tempo, para mañán facer algunha saída, aquí veredes unha gran presentadora. Estade atentos ao que dí Sofía porque hai novidades. 

Recordade que se queredes mandar as vosas fotos podedes facelo ao correo lorenacamposfar@gmail.com 


 

mércores, 24 de marzo de 2021

LUCES, CÁMARA E ACCIÓN...
Comezamos o primeiro día cunha presentadora de categoría, Lúa fixo un traballo xenial, non sabe a TVG o que se está perdendo. 
Houbo preparación, ensaios e estudo de todo o equipo porque detrás de cámara tamén se traballa moito. 
Esperamos que vos guste. 


METEOAPÓSTOLO CON DIEGO VIAÑO

Que ilusión! Que emoción! 
O martes pasado tivemos unha visita moi especial, veu Diego Viaño ao noso cole, que sorte temos! 
Tiñamos moitas dúbidas e curiosidade do que acontece detrás das cámaras, que segredos agocharán. 
Ensinounos moitas cousas e truquiños, polo tanto estamos preparados para arrancar co tempo no METEOAPÓSTOLO. 






xoves, 18 de marzo de 2021

ANEMÓMETRO

Seguimos coa elaboración de instrumentos meteorolóxicos, hoxe foi a quenda do anemómetro. 
O anemómetro serve para medir a velocidade do vento, o noso é caseiro, pero xa vos iremos contando como  facer fara poder medir a velocidade do vento grazas a física e as matemáticas. 





venres, 12 de marzo de 2021

Pluviómetro 2

 

Normalmente non nos gusta moito que chova, pero hoxe fíxonos especial ilusión. Por primeira vez dende a súa instalación, puidemos medir a auga do noso pluviómetro; recollemos un total de 100 ml. 

Que pensades que fixemos coa auga recollida? Pois utilizámola para regar a planta do  corredor, xa que é moi importante reducir, reutilizar e reciclar.