Amosando publicacións coa etiqueta 27M. Día do teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 27M. Día do teatro. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de outubro de 2022

Visita dos Bolechas

Os Bolechas escolleron de novo o noso cole para virnos facer unha visita e presentarnos o seu novo espectáculo.

O avó Emiliano cumpre 70 anos, e Os Bolechas queren facerlle a mellor festa do mundo, para eso botaron mans do alumnado do Apóstolo Santiago para que lles axudaran, entre outras cousas a facer unha árbore xenealóxica coa que decorar a tarta!

Unha boa oportunidade de gozar do teatro, de rirnos e de aprender algunha cousiña que outra.




xoves, 13 de xaneiro de 2022

Teatro de 4º de primaria: Somos os monstros

👾👿👹 O alumnado de 4º de primaria estivo coñecendo aos monstros de Paula Carballeira, achegándose ao teatro e levando a cabo a tarefa de escenógrafos, para facernos gozar un ratiño con esta actuación tan chula, que queremos compartir con vós.

Actuación de teatro do alumnado de 4º de primaria

Obra teatral: Somos os monstros de Paula Carballeira

 
 






venres, 26 de marzo de 2021

27 M- Día do teatro

Como mañán é o día teatro, o alumando de 3º ciclo B, coa axuda da profe Lía, elaborou o texto dunha pequena obra de teatro á que titularon "Lara millonaria", coa que amenizaron a mañán do venres a algunhas compañeiras e compañeiros do cole.