O alumnado de 6º e primaria, xunto coa súa mestra en prácticas Antía, fixeron un libriño en ciencias sociais, repasando todo o século XX, centrándose na guerra civil, dictadura, a transición...
O alumnado de 6º e primaria, xunto coa súa mestra en prácticas Antía, fixeron un libriño en ciencias sociais, repasando todo o século XX, centrándose na guerra civil, dictadura, a transición...
Levamos tempo sen subir comics de Timmy aínda que moitas de vós xa os vistes pola biblioteca, pero xa están no blog!
Xa levades uns días lendo o último número da revista NASS nas aulas e na biblio, e hoxe colgámolo dixitalmente!
Xa tedes na biblio e en breves nas vosas aulas, o número 4 da revista NASS.
Tras un par de semaniñas de traballo, nas que estivemos aprendendo e rapeando os poemas de Rosalía de Castro, despois gravándoos no Centro Xove da Almáciga amosando moita paciencia porque estas cousas hai que repetilas varias veces, rematamos por conseguir preparar un vídeo en conmemoración aos poemas destas gran muller que hoxe compartimos todas xuntas no salón de acto, en forma de homenaxe.
Aínda non sabes que un grupo de compañeiras biblioaxudantes de 5º e 6º están fancendo a revista NASS??? Xa van polo terceiro número!
Compartímolo por aquí para as lectoras e lectores mais dixitais.
OLLO QUE ESTE MES HAI UN CONCURSO DE DEBUXO!
O biblioaxudante Leo, preparou esta revista para que poidades aprender algo máis sobre os pingüinos.
Tamén a tedes para ler na biblio no espazo de lectura.
📰 Aquí chega o número 2 da revista NASS (Noticias Apostolo Santiago) publicada en Xaneiro, neste caso escrita integramente por Helena Fernández Rábade. nela podedes atopar páxinas sobre música, enquisas, curiosidades, animais, entrevistas...
Tédela impresa na biblioteca e tamén queda por aquí de xeito dixital!
Xa se comeza a cocer a de febreiro...
📰 Xa tedes dispoñible na biblioteca a nova revista que sairá todos os meses, feita por Helena, Hannah, Celia e Celtia, con páxinas sobre música, cine, curiosidades sobre animais, cousas que acontecen no cole...
Ademais de tela na biblio, tamén compartímola por aqui, por se queredes vela dixitalmente.
Xa comezamos a preparar a de xaneiro!
A biblioaxudanta Belinda de 5º de primaria, preparou 7 cómics sobre Timmy, un pequeno gatiño que ten moitos amigos cos que vive diferentes aventuras.
Se queres coñecelo, temos os seus cómics na biblio, ou podes pedirllos a súa autora, que posiblemente tamén vos agasalle cun bonito adhesivo de Timmy.