Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 21-22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 21-22. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de xullo de 2022

Vida na biblio

 Como van esas vacacións? Lingoreta bótavos en falta, por eso está mirando algunhas fotos do ben acompañada que estivo nos recreos...




















luns, 27 de xuño de 2022

GRAZAS BIBLIOAXUDANT@S

  Co fin do curso tamén despedimos ás biblioaxudantes e aos biblioaxudantes de Lingoreta, dándolles un gran agradecemento por toda a axuda que nos deron nestes meses.

Non cabe dúbida...

 Este biblioteca sería imposible sen a vosa axuda!

Esperamos contar con vós para o vindeiro curso!





 

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Amigas e amigos por fín chegan as ansiadas vacacións de verán! Lingoreta estivo a falar coas Mulleralias, e quere deixarvos unhas recomendacións de libros e xoguetes para que pasedes o voso tempo de lecer!

Nas feiras quero ler...e xogar para crecer!



 

mércores, 22 de xuño de 2022

Fin de Curso

*Subirei mais fotos neste álbume se as mestras me comparten mais fotos.

E que mellor maneira de despedir o curso que xogando!

Grazas a Chafarís, tivemos unha morea de xogos para coñecer e gozar durante toda a mañán nos diferentes recunchos do cole.

Gozade moito do verán! E cargade as pilas! Que en nada estamos de volta!

VER  O  ÁLBUME  COMPLETO








martes, 21 de xuño de 2022

GRADUACIÓN DE 6º

Hoxe foi un día de emocións, as alumnas e alumnos de 6º marchan para o instituto!

Chega o momento de deixar de verse todos os días, de comezar un camiño novo, de iniciar novas aventuras... e para esto levamos un acto de graduación recollidiño pero emotivo que nos deixou imaxes moi bonitas.

Nós quedamos por aquí para o que precisedes AMIGAS E AMIGOS!