Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 19-20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 19-20. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Dende a distancia das nosas casas, Lingoreta estivo falando con Laura, para ver se tiña algunha cousiña para este día do medio ambiente, que nos pilla medio confinadas... E mirade que cousa chula nos pasaron...

Atrevédesvos???


luns, 25 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS orixinais

Ao longo deste curso, estivéstedes moi participativas no blog da biblio.vagalume, facendo recomendación de libros e contos que vos gustaban moito, para que Lingoreta mais o resto do alumnado do cole, as puidera ter en conta.

Tras ver o reto tan chulo que subíu Rosa na aula virtual do centro, déuseme por pensar, que poderiades voltar a facer algunha recomendación lectora... desta orixinal maneira! Recreando contos con platos de comida! (Déixovos o video do que vos falo a continuación)

Animádesvos?? Poñede a traballar a creatividade!! E enviade todas as vosas propostas a biblio.vagalume@gmail.com, que as iremos subindo nesta entrada!



 ........................................... FOTOS  DAS  CREACIÓNS.......................................







domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Que nos contas de Ricardo Carvalho Calero?

Fai uns meses, Lingoreta lanzou unha proposta ao alumnado do cole, e consistía en que investigaran quen era Ricardo Carvalho Calero e nos contaran algo del, en vídeos curtiños, para que todas puideramos coñecelo un pouco mais.

Se ven é certo, que naquel momento contabamos con presentar estes videos e vivir esta data dunha maneira moi distinta, non podemos deixar de aproveitar a gran imaxinación e interese pola investigación que ten o alumnado desta escola!

Seguide enviando videos! Que os seguiremos subindo segundo vaian chegando! Entre tod@s, podemos achegarnos e saber mais del.

Moitas grazas a todas e todos os que colaborades en poder levar adiante esta conmemoración tan importante das Letras Galegas e a render homenaxe a Ricardo Carvalho Calero!!!


 Mateo Lois Rodriguez  (3º primaria)
Irene e Martin Vinagre Camino (5º e 3º primaria)

Gabriel Alves de Madueira Simón (1ºB prim.)

Carlota Couto Sieiro (3º primaria)


Xian Ferreirós Fernández (3º primaria)

Estrela Candales González (5º primaria)
 
Sofía Isabel Malbarez Sulbaran (3º primaria)

Abel Canal Ortega (3º primaria)
 
Roque Xosé Prado Martínez (3º primaria)

Samuel Taboada Garcia (3º primaria)
 Fuco Paz-Trelles Justa (1ºB primaria)

Irene Azul Alves de Madueira Simón (5º primaria)
 Xulia Díaz Dopazo (3º primaria)

 Mencía Iglesias Otero (5º primaria)


sábado, 25 de abril de 2020

OS MAIOS _ Dende a casa

 E CHEGOU O MAIO!!! Moitas grazas pola vosa imaxinación e as vosas achegas!






ACTIVIDADE: 

Achégase o primeiro domingo de maio, unha data que para a nosa escola é dende fai uns anos especial.

Ao redor deste día elaborabamos o Maio e dende o ano pasado, tamén o Maíño, colaborando toda a comunidade educativa e con gran implicación das familias. Logo festexabamos coas veciñas e veciños a chegada da primavera.

Este ano as circunstancias son ben diferentes pero chegou a primaveira igualmente, por iso propoñemosvos darlle a benvida tamén dun xeito diferente. Sabemos que moitas de nós non podemos coller flores, tampouco os maios sairán a rúa, pero todas temos moita imaxinación!

Elaborade o voso maio co que teñades a man, sacade unha foto en vertical e enviadea a rociocandalescovid19@gmail.com. O prazo para enviar as fotografías será o xoves 30 de abril. O domingo 3 o maio chegará á vosa casa.

xoves, 23 de abril de 2020

23 abril- DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

No día de hoxe, 23 de abril, se conmemora o Dïa Mundial do Libro.

Esta datam quere render homenaxe aos libros e aos autores/as e fomentar o acceso á lectura para o maior número posible de persoas.

Este ano, toca conmemoralo lonxe das nsas aulas, pero a cativada deste cole, dende as súas casas, queren estar mais cerca que nunca, enviando cousiñas moi chulas (algunhas irán chegando pouco a pouco).

Inés, unha alumna de 5º de infantil, contounos unha historia, axudada de títulos dos seus libros preferidos!
 
Un grupiño de alumn@s de 6º curso, puxéronse mans a obra tras a iniciativa da actividade do día internacional do libro, para facer un conto viaxeiro.

Comezaron partindo dunha portada, dun debuxo, e a partires de aí, cada unha foi engadindo un cachiño a este conto.

Mirade que resultado tan bo lles quedou despis de tanto traballo!!

Graciñas Rubén, Alejandra, Loaira, Leo e Gabriel por agasallarnos con este conto.



E algunhas marabillas, como esta que nos fai chegar o alumnado de 1º, chegan de sorpresa! 


  



 




















mércores, 22 de abril de 2020

22 de abril- DÍA MUNDIAL DA TERRA

Hoxe é o día mundial da terra.


Esta data, ten como fin, concienciar á humnaidade sobre os problemas que se xeran pola superpoboación, a contaminación e a necesidade de conservar a biodiversidade...

Se algo se pode sacar de positivo desta situación que estamos a vivir estos días, e que os niveis de contaminación baixaron moitísimo.


 Propoñemos polo tanto unha actividade, na que lle rindamos unha homenaxe ao noso planeta, e esta consiste en que nos enviedes ao correo biblio.vagalume@gmail.com unha fotografia onde esteades disfrutando da natureza e onde vos encantaría volver para respirar. 

Precisamos que nos digades onde é, e se xa vos vedes con moitas ganas, marcar nun mapa o lugar onde se atopa.

Con esta homenaxe, aproveitamos para valorar a importancia de coidar á natureza, coñecer sitios bonitos, e vernos unha vez mais para sentirnos un pouquiño mais preto uns de outras.


+++ Nos seguintes mapas, pincha nos marcadores, e decubre quen se agocha neles! 







xoves, 16 de abril de 2020

15 de abril: DÍA MUNDIAL DA ARTE- Dende a casa

Hoxe é o día mundial da arte, e a aula de 6º, tivo unha idea moi orixinal, e resulta que se puxeron a "reinterpretar" obras de arte.

Animádevos, e mandádenos as vosas ao correo de Lingoreta, biblio.vagalume@gmail.com, e as subimos nesta mesma entrada para poder vernos, xa que estamos tan distanciados estes días!

Para que vos animedes, as profes xa subimos as nosas!



************************************************************************
XA EMPEZAMOS A RECIBIR NOVAS OBRAS DE ARTE! MOITAS GRAZAS!
SEGUIDE ENVIANDO QUE AS IREMOS INCLUINDO NESTA MESMA ENTRADA!
************************************************************************