Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO COMPOSTELA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO COMPOSTELA. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de xuño de 2022

Proxecto Compostela- Oficios en 1º e 2º

Dentro do Proxecto Compostela, 1º e 2º centráronse na temática dos oficios artesanais. Concretamente no oficio artesán dos ourives, por ser un dos máis representativos e tradicionais de Santiago de Compostela.
Vinculada a ourivería, falaremos do azibeche, pedra semipreciosa, de cor negro, que xunto ca prata considerouse sempre como o elemento distintivo da xoiería compostelá, non só pola súa beleza, senón tamén polo carácter máxico que se lle atribuiu como amuleto protector no Camiño de Santiago.

Despois de coñecer algo sobre a súa orixe ou traballo co memso, fixeron unha simulación de colgantes de Azibeche, intentando representar as súas características principais.


VER  TODAS  AS  FOTOS




 

mércores, 15 de xuño de 2022

AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Seguimos coñecendo os parques de Compostela que nos recomendou o alumnado de infantil despois de traballalos no Proxecto Compostela, para xuntarnos e ler entre amigas e amigos.

Hoxe o amadriñamento, tivo lugar en Belvís, neste caso entre o alumando de 5ºA e 3º A, e xa están pensando na seguinte xuntanza!




martes, 14 de xuño de 2022

AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe o alumnado de 5ºA foi recoller ao de 5º de infantil para pasar un ratiño no parque de Bonaval, compartindo contos, historias e risas.

Gozando de novo dos amadriñamentos lectores.







sábado, 21 de maio de 2022

8M- Aulas con nome de MULLER

* Actualizando...

Aínda que xa pasou un mes dende o 8 de marzo, no cole levamos todo este tempo a traballar nunha tarefa relacionada co Proxecto Compostela.

Estamos a nomear as diferentes aulas do centro, con nomes de mulleres que admiramos e que dalgún xeito, teñen algo que ver con Compostela.

Andamos investigando en busca de información e preparando os carteis, con códigos QR que nos levan a pequenas explicacións que vos queremos facer sobre cada unha delas, para que todas e todos as coñezades.

A día de hoxe, xa comezan a aparecer algúns traballos polo corredor, nas portas das aulas.

*Seguiremos actualizando segundo se vaian creando mais carteis.


 

 
 
 








sábado, 14 de maio de 2022

CAMIÑO DE SANTIAGO

     Hoxe puidemos levar a cabo aquela actividade que tiñamos organizada para festexar o día da educación física da rúa, e que tivemos que adiar por culpa da choiva...

Buscando ir dando fin ao Proxecto Compostela, realizamos a última etapa do Camiño de Santiago Francés, dende o monumento dos peregrinos do Monte do Gozo.

O alumando de 4º,5º e 6º saímos dende o inicio da etapa, e recollimos en San Lázaro ás compañeiras e compañeiros de 2º e 3º, para continuar ata atoparnos con Infantil e 1º de primaria.

 

Ainda que se nos fixo un poco longo, conseguimos chegar ata a Praza do Obradoiro para poder merendar.

 

Polo camiño, tivemos que ir cruñando a nosa Credencial do Camiño de Santiago en diferentes establecementos que se atopaban na ruta...para poder conseguir a nosa particular "Compostelá" ao chegar ao fin do camiño, que nos outorgou o título de peregrinas e de peregrinos.







luns, 9 de maio de 2022

VISITA AO PARLAMENTO de GALICIA

 Seguimos a coñecer mais lugares de Compostela, e desta vez, o alumnado de 5º e 6º visitou o Parlamento de Galicia

    Ademais de adentrarse no Salón dos reis ou na Sala das Letras Galegas, e ver diversas obras do arte nos corredores ou nos teitos, tamén tiveron a oportunidade de facer un pequeno debate na Biblioteca , onde entendimos como funcionaba o procedemento que levan os partidos políticos para  propoñer novas leis ou cambios nas mesmas. 

    Para rematar a visita, tomamos asento na sala de Plenos e algunhas e algúns compañeiros, aínda se animaron a subir a seguir a dar un pequeno discurso.