Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto O noso cole é un Mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto O noso cole é un Mundo. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de xuño de 2023

EXPOSICIÓN "VOLTA AO MUNDO"

 Como broche final ao proxecto "O noso cole é un mundo", organizouse unha exposición con obxectos de todo o mundo mediante a colaboración de toda a comunidade educativa.

 



 

👉👀 Todo o alumando do centro, recibíu unha entrada para poder visitala

 

  💁E así pouco a pouco todas as aulas do cole e algunhas familias, aproveitaron para acompañarnos nesta pequena volta ao mundo.





FOTOS DOS OBXECTOS DA EXPOSICIÓN


Foron varios os medios de comunicación aos que chegou esta experiencia e se interesaron por vir a coñecela.


LIGAZÓN Á LA VOZ DE GALICIA

LIGAZÓN A RADIO COPE



mércores, 14 de xuño de 2023

Lendas do mundo- Brasil

 Rematamos xa o curso e dende 6º de infantil Alika convidou ao seu pai para que nos contara a lenda do Sasi-Pererê, unha curiosa personaxe que mora nas florestas do Brasil.

 

domingo, 11 de xuño de 2023

EXPOSICIÓN "COUSAS DO MUNDO"

Para poñer broche final ao proxecto deste curso "O noso cole é un mundo", gracias á colaboración de toda a comunidade educativa creamos unha exposición con imaxes, obxectos, vestimentas e recordos de diferentes países dos 5 continentes mais coñecidos.

A exposición estará aberta durante toda esta semana (do día 12 ao 16 de xuño), pola mañán para o alumnado das diferentes aulas e as tardes do luns-mércores e xoves de 16.45 a 18.00 para as familias que queiran vir visitala.






luns, 22 de maio de 2023

EXPOSICIÓN "COUSAS DO MUNDO"

 Estamos a preparar a exposición de fin do Proxecto "O noso cole é un mundo" con todas as cousiñas que estamos aportando dende a comunidade educativa. En breves daremos información das datas en que estará a exposición aberta polas tardes para as familias que queiran vir a compartila con nós.

 





luns, 15 de maio de 2023

Lenda Cubana. El Güije.

Dentro  do proxecto de centro "A nosa escola é un mundo", tivemos a sorte de poder contar con Martha, recen chegada de Cuba. A avoa de Lila contounos a curiosa historia dunha personaxe máxica que protexe ás crianzas.

xoves, 4 de maio de 2023

CONTA-COMIGO, Lenda do proxecto

 Colaborando co Proxecto, a familia de Sante, veu a contarnos a lenda de "El pulpo de Tellaro", que nos axudou a coñecer un pouquiño mais ás orixes deste compañeiro de 4º de infantil.

 




 

martes, 2 de maio de 2023

Proxecto "O noso cole é un mundo"

 O proxecto do cole segue avanzando, e aquí tedes ao alumnado de 6ºB colgando algúns traballos realizados despois de investigar sobre os diferentes países dos que temos nacionallidades no centro. Por unha parte fixeron tarxetas con información do país a nivel físico (como a superficie ou o número de habitantes), pero tamén investigaron sobre mulleres relevantes en añgúns dees, ds que tamén colgaron algunhas tarxetas.

Animámosvos a que paredes uns minutiños polo mural, para ir aprendendo un pouquiño mais de cada un deles.







 


sábado, 29 de abril de 2023

LENDAS DO MUNDO

 O alumnado de primaria, fixo un bo traballo de recopilación de lendas de todo o mundo, para seguir avanzando no proxecto.

Todas están expostas no muro do proxecto, situado no vestíbulo do centro, mais aquí queda un pequeno achegamento ao traballo feito.


luns, 24 de abril de 2023

CANDO CAEN OS DENTES...

" O noso cole é un mundo", e como en todas as partes do planeta, ás crianzas cáenlle os dentes.

Sabedes o que fan noutras partes do mundo cando caen os dentes?

xoves, 20 de abril de 2023

Coñecenedo lendas Galegas

Para seguir co proxecto de centro e coa semana do libro, rematamos o día abraiados coa de lendas que coñece Sylvia (nai de Leo 6° infantil).

Primeiro viaxamos con ela ata Xinzo de Limia e coñecemos a "Lenda do esquecemento" e despois presentounos a Pepa a loba que era moi valente e vivía moi pretiño de Santiago. Descubrimos que nesta lenda se centrou o grupo de música "banda da loba" para poñer nome ao seu grupo.


Moitas gracias Sylvia.




 

Coñecendo lendas de Cuba

 Con motivo da semana do libro en infantil e avanzado no Proxecto "O noso cole é un mundo", estamos a realizar unha actividade na que as familias que o desexen poden vir contar lendas que coñezan de diferentes ciudades, lugares ou países! 


Esta mañá viaxamos ata Cuba para adentrarnos coa familia de Lila (6°infantil) na lenda de "El güije". Encantounos a experiencia e descubrimos que o Güije é amigo das nenas e nenos!👏👏👏👏. 

Moitas gracias Marta!






 

martes, 28 de marzo de 2023

Danzas do mundo

 O alumnado de 3º de primaria estivo a traballar as Danzas do Mundo, foron 3 as que gravamos e buscamos a súa ubicación no mapa.

 

👉DANZA DOS 7 PASOS DE DINAMARCA

 

👉DANZA BON DIS BOM DE FRANCIA

 

👉DANZA SAMOTH DE ISRAEL

xoves, 16 de marzo de 2023

COÑECENDO BANDEIRAS

 Seguimos avanzando no Proxecto "O noso cole é un Mundo"....

Comezamos a colocar as bandeiras dos diferentes países dos que o alumnado do centro ten nacionalidade ou relación moi directa. Esto valeunos para buscar os países no mapa, darlle mais visibilidade ás distancias percorridas e coñecer algunhas bandeiras que nunca viramos, e apreciar o parecidas que son algunhas delas!

O alumnado vai descubrindo as orixes de moitas compañeiras e compañeiros que descoñecían!




 

martes, 28 de febreiro de 2023

ENTROIDOS DO MUNDO

 Seguimos coñecendo a cultura e tradicións dos países que forman parte do noso centro, avanzando no proxecto "O noso cole é un mundo".

Levamos moitos anos traballando e aprendendo sobre os entroidos tradicionais de Galicia, pero este curso aproveitamos o mes de febreiro, para coñecer como se vive o "Carnaval" nos diferentes lugares do mundo!

 

👉 AUSTRALIA


👉 CUBA


👉 REPÚBLICA DOMINICANA




 

👉 ESPAÑA. GALICIA. VERÍN


👉 ESPAÑA. GALICIA. XINZO



👉 BRASIL



 
 👉 VENEZUELA
 




 👉 POLONIA




 
👉HUNGRÍA


  

 👉CHILE