NO ENTROIDO, TODAS XUNTAS
💜😈💪CREACIÓN DE LEMAS FEMINISTAS COAS NOSAS FOTOS DO ENTROIDO
Polo mes de marzo é moito o que queremos recomendar e non chegamos a un acordo... así que temos os estantes moi moi cheos!! Unha mínima escolla de obras de teatro e un montón de mulleres sobre as que podedes ler e coñecer por este 8 de marzo.
Neste 8 de marzo, avanzamos no proxecto de Lingoreta Atleta analizando a situación da muller no deporte e concretamente nos xogos olímpicos.
Tras investigar varios feitos, fóronse escollendo diferentes mulleres deportistas, e lendo sobre a súa vida e analizando as súas aportacións ou logros no ámbito das olimpíadas.
Xuntas estamos a confecionar unha liña do tempo (que seguirá avanzando nos próximos días), na que será moi visible darse conta do tarde que está chegando a presenza da muller nesta festa do deporte.
Seguindo co proxecto do centro, OS XOGOS OLÍMPICOS, celebramos o Día da Muller facendo un percorrido pola historia dos xogos olímpicos; visualizando e analizando a traxectoria das mulleres que foron fonte de inspiración na loita polo cambio.
A nosa aula centrouse en Nadia Comaneci a partir da presentación interactiva que a nosa mestra de prácticas Noa elaborou.
Grazas Noa polo entusiasmo que lle transmitiches ás crianzas.
Dende o CEIP Apóstolo Santiago queremos rachar cos estereotipos machistas e amosarlle ao alumnado que outros modelos de masculinidades son posibles. Para isto botamos man dos persoal do centro como figuras referentes do día a día que pode impactar directamente na cativada, e contando que a partir desta iniciativa, vaian chegando moitas mais imaxes que se poidan ir incluindo.
#eutaménsonfeminista
As nenas e nenos de 4ºde educación infantil teñen moi claro que tamén son feministas.
Participaron na lectura de contos para a conmemoración deste día como o de "O país dos mandóns" e entre outras actividades tamén participaron neste photocall que temos na entrada do cole.
Feliz día da muller todos os días!! #nostaménsomosfeministas