Amosando publicacións coa etiqueta 11FDía da nena na ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 11FDía da nena na ciencia. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de febreiro de 2025

DIA DA MULLER NA CIENCIA

 O 11 de febreiro, conmemórase o día da muller e a nena na ciencia. Aínda a día de hoxe, é preciso seguir lembrando que a ciencia tamén é cousa de mulleres, polo que da man do CSIC, viñeron á escola María e Cristina a falarnos do seu traballo: nada máis e nada menos que, ARQUEÓLOGAS! 

Adicaron un ratiño a contarnos en que consistía o seu traballo, como funcionaban os campos de investigación e todos os pasos que tiñan que ir levando en cada proceso, resaltando sempre que este traballo non ten un nome propio, senon que é resultado dun traballo en equipo, imprescindible para chegar a decubrimentos arqueolóxicos.

Moitas grazas polo voso traballo e pola visita á nosa escola.


 

mércores, 5 de febreiro de 2025

RECOMENDACIÓNS DE FEBREIRO

 No mes de febreiro fixemos unha boa escolla entre o equipo de biblioaxudantas para ler con motivo do día de Rosalía e do día da nena e a muller na ciencia!

Aimámosvos a coñecelos! 



martes, 14 de febreiro de 2023

Día da nena e a muller na Ciecnia. Charla cunha arqueóloga

 Hoxe o alumnado e 5º e 6º, para continuar falando sobre o día da muller e a nena na ciencia, afondaron un pouco mais sobre a arqueoloxía.

Falouse de escavacións e da súa importancia para conservar o noso patrimonio, de castros, de mámoas... 

Viron restos que se foron recuperando e intentaron acertar de que época eran e cantos anos tiñan... e puideron, con bastantes problemas técnicos, falar con Carolina, unha arqueólogo que agora mesmo está traballando en Djibuti, no corno de África.

Moitísimas grazas Yolanda por axudarnos a seguir aprendendo.



sábado, 11 de febreiro de 2023

Día da muller e da nena na ciencia

 Hoxe conmemorase o día da muller e da nena na ciencia, fai uns días Yolanda Seoane, técnica de investigación do INCIPIT veu ao cole a gravar un vídeo coas nenas que quixeron participar e aquí vos deixamos o fantástico vídeo que resultou desta visita.

 MAIS CIENCIA EN FEMININO!

Video curto promocional

 

 

Video completo