Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de novembro de 2025

EXPOSICIÓN DO PROXECTO "ENTROIDO VIVO"

 Dende o curso 2019/2020 a nosa escola participa xunto con outros centros na Mostra do Entroido de Lamas de Abade. Cada ano está adicado a un entroido tradicional e en todos os centros participantes se traballa sobre o mesmo.


No curso 2024/2025 foinos concedido o premio Antonio Fraguas na súa XIII edición.  Os aspectos que salientaron as persoas membras do xurado foron por unha banda o xeito no que os entroidos tradicionais son traídos até a actualidade e por outra banda a participación intercentros. Nesta mostra están implicados centros dende o 1° ciclo de Educación Infantil até o ensino secundario, bacharelato, ciclos formativos e pasando pola Educación Infantil de 2° ciclo, centros de educación especial e tamén a Educación Primaria.
Os centros participantes nestra Mostra somos o EEI Raiola, o CEIP Lamas de Abade, o CEIP Apóstolo Santiago, o CEIP Pérez Viondi, o IES Llamas de Abade o CEE ASPANAES e o CIFP Compostela.
 

Dende o día 14 de novembro e até o 13 de decembro podedes visitar no Museo do Pobo Galego a exposición "Viva o entroido vivo! Lingua ,festa e comunidade", na que se recolle unha pequena mostra do proxecto do que estamos a falar.


Aproveitade para visitar tamén a exposición do "Proceso de encascado de redes no concello de Burela". Proyecto elaborado polo IES Monte Castelo de Burela e ganadoras na categoría de ensino secundario.

 

⇓⇓PREME NA FOTO PARA VER UN VIDEO DA EXPOSICIÓN ⇓⇓



xoves, 21 de marzo de 2024

COMPARTINDO SABERES

As nenas e nenos de cuarto de primaria estiveron traballando co libro  "Kusuma" de Héctor Cajaraville. A partir desta obra fixeron unha exposición sobre os animais que podemos atopar nas fragas e tamén outros que veñen doutros lugares do mundo.


O mércores en sexto de Educación Infantil tivo lugar esta actividade especial, na que Uxía, Domi e Dylan foron os seus guías. Fixeron un gran traballo explicándonos os distintos tipos de animais e os perigos das especies invasoras.






O xoves, foi a quenda de 5º de educación infantil. Nesta ocasión, Kora, Aroa e Vasco, foron as persoas que guiaron e acompañaron ao alumnado visitante.