Aínda que en segundo xa fixemos algunhas observacións polo día da Candeloria coas aves da Almáciga, todo o que sabemos tras estar a estudar en Naturais fíxonos querer indagar sobre os animais que temos na contorna do cole dunha forma máis detallada. Así pois, listos e listas coas nosas lupas e prismáticos, fumos mirar por aves e invertebrados e atopamos un montón!
En canto a aves vimos pegas, pombas, paporroibos... E había gran cantidade de invertebrados que vimos de preto e fumos quen de debuxar ao detalle: dende formigas e escarabellos, ata caracois. Quedámonos coas gañas de ver invertebrados mariños como o pulpo ou a medusa, deixámolo para outra ocasión!
venres, 6 de marzo de 2026
Explorando na Almáciga
mércores, 4 de marzo de 2026
Infantil paxareando
Na última sesión da mañá o alumnado de E.I. saiu ao exterior da escola na procura dos cánticos dos paxaros.
Coa axuda da aplicación "Merlin bird", que a mestra Rocío nos ensinou, localizamos un paporroibo, escoitamos o seu cantar e pensamos que atopamos o seu niño xa que o observamos voar dende el.
Despois, apuntámolo no noso caderno de aves que seguiremos empregando en días posteriores.
Ata a próxima,
Os paxareiros e paxareiras de infantil.
sábado, 21 de febreiro de 2026
CANDELORIA_ PAXAREANDO POLO BARRIO
Deixou de chover e semella que metade do inverno vai fóra.
Levamos varios días mirando para o ceo, queriamos que a auga e os temporais nos deixaran sair fóra sen mollarnos nen sair voando.
Desexabamos sair ao recreo para desfrutar do noso maravilloso patio pero sobre todo queriamos sair de paseo paxareiro polo barrio. Tiñamos pendente observar as aves que na Candeloria se fan máis presentes nas hortas e nos parques. Hoxe saímos e acompañadas dunha estupenda guía paxareira puidemos observar algúns dos paxaros presentes no entorno da escola.
martes, 3 de febreiro de 2026
venres, 3 de febreiro de 2023
CANDELORIA
O Alumnado de 1º celebrou esta semana a Candeloria coa lectura do conto "Azul coma o ceo, amarela coma o sol" e coa posterior alaboración da súa "Pía" empregando papel de xornal.
Así de bonitos quedaron os seus paxariños!!
luns, 11 de abril de 2022
Pola Candeloria en 4º de infantil
O alumnado de 4º de infantil, pola Candeloria iniciou un traballo de coñecemento ee achegamento a distintas aves, segundo algunhas das súas características mais predominantes (peteiro, plumas e patas).
Tamén traballaron con ovos, tanto no recuncho de Lóxica coma no de ciencia, comprobando a súa flotabilidade. Crearon unha pequena casiña de paxaros e fixeron distintos exemplares de aves, empregando a técnica da papiroflexia. Este último traballo, foi o que nos quixeron compartir, ao que puxeron por título: "Paxariños nas árbores, pousados sobre os niños"
luns, 21 de marzo de 2022
4º EI.- Coñecendo as aves
O alumnado de 4º de infantil, aproveitou a subida á biblioteca para pararse no corredor de primaria, a resolver unha sopa de letras que preparou a mestra Marisa, a conta do día da Candeloria. Atoparon unha gran diversidade de aves e identificaron algunhas xa coñecidas por elas e por eles.
Unha actividade moi chula, que esperamos aproveitara todo o centro!
















































