Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS EN 3º DE PRIMARIA

Hoxe é o día das bibliotecas, e en 3º de primaria quixeron festexalo cun poema musicado que prepararon na aula e con esta escenografía que xurdíu de xeito improvisado.

"Ao rato de biblioteca

o queixo non lle interesa

como lle gustan os libros

xa come sopa de letras...

...Por iso eu quero ser

un rato de biblioteca

e vivir mil aventuras

sen moverme da banqueta."

 Algún ratiño ou ratiña de biblioteca que non estea lendo?? Que vivan as biblioteca escolares!

mércores, 25 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Con motivo do día das bibliotecas, o alumnado de 6º de primaria, quixo escribirlle un poema a biblio da nosa escola e con el a Lingoreta.

Moitísimas grazas compañeiras e compañeiros, é un traballo fermoso!