Amosando publicacións coa etiqueta Ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ilustración. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de febreiro de 2026

LER PARA CRECER

 

O pasado 10 de febreiro, o grupo de 4º de primaria foi convidado a asistir á exposición "Ler para crecer", que forma parte das actividades de animación á lectura que promove o Concello de Santiago. Na nosa visita tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro de ilustración impartido por Xosé Cobas. Xosé explicounos a diferenza entre arte figurativa e arte abstracta, e deunos algúns consellos para que puideramos realizar as nosas propias obras de arte. Incluso puidemos amosalas ás autoridades, que se achegaron á Sede Afundación (onde tivo lugar a actividade) para inaugurar esta interesante exposición. Nela pódense ver as ilustracións dos "Premios Compostela", álbumes ilustrados que tamén atoparás na nosa biblioteca. A obra gañadora da última edición foi "Grande e pequena", e a nós gustounos moito. Se queredes vela, podedes achegarvos ata a rúa do Vilar ata o 12 de marzo.


Alumnado de 4º de primaria.















 

mércores, 12 de xaneiro de 2022

XANEIRO

 Este mes de xaneiro, entre moitas outras cousas conmemoramos o 30 de xaneiro o día escolar da non violencia e da paz, e o día da ilustración.

Xa tedes o espazo de conmemoracións actualizado para poder buscar algunhas lecturas relacionadas con estes días.



Tamén tedes o espazo artístico adicado á "ilustración", para que poidades colgar todas as vosas obras de arte!