Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2026

As plantas de Bonaval_ 2º de primaria

O venres pasado en segundo saímos de novo, esta vez ao parque de Bonaval, para ver as distintas árbores, arbustos e flores da contorna. Primeiro fomos libremente a ver o que había e logo, en grupo, fomos vendo cada unha das especies que nos chamaban a atención e analizando o seu talo, o antigo que pode ser e cousiñas como o tipo de folla que teñen, podendo así aplicar á vida real todo o que vimos na clase sobre estes seres vivos

Alumnado de 2ºB

 



luns, 26 de maio de 2025

Actividades co Centro de Información de Parques e Xardíns de Compostela

En 3º e 4º de primaria inscribímonos durante este curso nas actividades do Centro de Información de Parques e Xardíns de Compostela, o CIPX. 


A primeira delas tivo lugar no parque de Belvís e consistía en coñecer algunhas das aves que podemos observar en Compostela. Ademais de falar delas, tamén tivemos a oportunidade de deseñar un comedeiro para elas que colocamos nalgunhas das árbores do parque. Ao mesmo tempo, tamén tratamos de descubrir cales eran as aves que cantaban, sendo o paporroibo o que máis tempo nos adicou as súas melodías. Para rematar a actividade, no Centro agasalláronnos cunha caixa-niño, que colocaremos no cole o próximo outono.




A segunda actividade foi un roteiro á carón do río Sarela, onde descubrimos algunhas das pontes que o cruzan, así como as actividades que se realizaban antigamente grazas á auga: lavadoiros, muíños... E, ao mesmo tempo que iamos camiñando, falamos tamén de aves, peixes, plantas e árbores que fomos atopando polo camiño.

Gustáronnos moito estas actividades.

Noticia redactada polo alumnado de 3º de Primaria.




luns, 17 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE PODA DAS CABANAS

O martes, 11 de marzo, o grupo de 3º fomos a podar as cabanas vivas. Fixemos  un  obradoiro  con  Laura (Lali). En 3 grupos, repartimos as tarefas: podar, calibrar e horta. Gustounos moito podar vimbios. 

A esta actividade  tamén asistiron os grupos de 4º, 5º e 6º.


Noticia redactada e escrita polo alumnado de 3º de primaria.









O alumnado de infantil, aínda que non participou na poda, estiveron observando atentas e axudando a recoller os vimbios que se ían cortando.




Nun obradoiro de aula, o alumnado de 3º fixo algúns debuxos relacionados coa experiencia.