Amosando publicacións coa etiqueta LINGORETA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LINGORETA. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de febreiro de 2026

A CAIXIÑA DE LINGORETA

Que sorpresa hoxe ao chegar á aula e atopar a caixiña de Lingoreta.

 
Desfrutamos escoitando os contos que as biblioaxudantas nos leron:
- Maruxa
- O día das apertas
- Pequeño azul y pequeño amarillo


Grazas Lingoreta!




 

mércores, 12 de febreiro de 2025

CAIXIÑAS DE LINGORETA

  O equipo de biblioaxudantes do voluntariado de lectura, saca tempiño de debaixo das pedras para gravar video-contos... con estratexias coma esta!!

Moitas grazas equipo!! Sodes top!

 


martes, 13 de setembro de 2022

DEVOLUCIÓN DE PRÉSTAMOS DE VERÁN

A todas as persoas do cole que levaron préstamos para gozar no verán, ou que non devolveron en xuño, lembrámosvos que podedes pasar pola Biblio (porta de saída), para facer a entrega e pechar eses préstamos pendentes.

Esperámosvos alí no plan lector de calquera día ou os martes pola tarde! 

Se non vos cadra ben ningunha destas opcións porque xa non estades no cole, podedes deixarllo a Carmen en conserxería en calquera outro momento en que o cole estea aberto.

Graciñas!!!!

venres, 9 de setembro de 2022

ESTAMOS "MEDIO" DE VOLTA

 Moi boas a todas e todos!!! 

Lingoreta xa comeza a escoitar barullo polos corredores e sabe que estades aí, ainda que non poidades vir a vela de momento...

Temos a biblio ocupada por unhas obras que se están a facer no cole, pero non vos preocupedes, que estamos aproveitándoas para ter unha mellora interesante no espazo de biblioteca!!!



xoves, 17 de marzo de 2022

QUE FARIAMOS SEN AS BIBLIOAXUDANT@S?

Lingoreta ten a sorte de ter un grupo de biblioaxudantas e biblioaxudantes que traballan a reo para seguir mellorando e medrando.

O seu traballo é fantástico, coñecen e coidan a biblioteca cun agarimo que fai que luza tan bonita como a vedes cada día. Colocan os libros de préstamo, os xogos usados, colocan telluelos, arranxan libros do hospital que comezan a estragarse, revisan as maletas viaxeiras, colocan e preparan as novidades e as recomendacións mensuais, axudan e orientan as compañeiras e compañeiros que non coñecen tanto a biblio, preparan contos a distancia  para o alumnado mais pequeno... un non parar de facer cousas.

Sodes unha marabilla biblioaxudant@s!! Moitísimas grazas pola vosa axuda! 








 

 

domingo, 17 de outubro de 2021

ESPAZO DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA

 Creamos un espazo novo no corredor da biblioteca, adicado á expresión artística. (Seguindo a mesma suxerencia que lle propuxo a Lingoreta unha compañeira do cole).

Cada mes, haberá un cartel cunha temática distinta, e vós, poderedes ir colgando cousiñas que fagades relacionadas con ela (debuxos, manualidades, contos, cómics, murais...), de xeito libre, xa que alí atoparedes varias pinzas para poder colgalo. Lingoreta sempre estará atenta, por se algo non considera que sexa un contido demasiado adecuando, poder retiralo o antes posible.

Como non pode ser doutra maneira, no mes de outubro, a temática para encher este espazo artístico é o Samaín!                                      TEMÁTICA DO MES: SAMAÍN



venres, 1 de outubro de 2021

MALETA VIAXEIRA - BANDA DESEÑADA

 Hoxe chega á biblio una maleta cargadiña de libros de cómic para que gocedes con ela!

Esta maleta é un préstamo que nos fan, aproveitádea ben que nun mes temos que devolvela! 

E recordade, que como non son nosos estes libros, tan só podemos empregalos no cole, non podemos levalos para casa!

Por certo! Se entre estes libros, descubrides algún que vos gusta moito, comentádello a Lingoreta no seu buzón de suxerencias, para que poidamos mercalo para a biblioteca.


luns, 27 de setembro de 2021

FORMANDO BIBLIOAXUDANT@S

O voluntariado da biblio, xa está posto en marcha, traballando, practicando, coñecendo, colocando... preparándose para poder colaborar e axudar a Lingoreta! 

Este ano contamos con 26 axudantas e axudantes!!!!



luns, 13 de setembro de 2021

NOVIDADES

Xa temos as primeiras novidades do curso preparadiñas para que as veñades coñecer!



luns, 21 de xuño de 2021

MOITAS GRAZAS BIBLIOAXUDANT@S!

 Co fin do curso tamén despedimos ás biblioaxudantes e aos biblioaxudantes de Lingoreta, dándolles un gran agradecemento por toda a axuda que nos deron nestes meses e pola capacidade de reinventarse e adaptarse á nova realidade da biblioteca. 

Moitísimas grazas por axudarnos ademais a cambiar e a crecer como o fixemos neste ano! A nova biblio é parte de vós.

Esperamos contar con vós para o vindeiro curso!

 









venres, 18 de xuño de 2021

martes, 20 de abril de 2021

luns, 8 de febreiro de 2021

NOVIDADES

 Xa temos o estante de NOVIDADES cargado! Vulide a emprestar os que vos interesen!




xoves, 4 de febreiro de 2021

XA TEMOS A BIBLIO EN MARCHA!

 

 

Espazo creativo                        Espazo fedelleiro

 Espazo informativo                           Espazo de lectura
 
Espazo  de  xogo