mércores, 29 de xaneiro de 2025

1 MILLA DIARIA


A MILLA DIARIA” é unha modalidade dentro do PVAD (proxecto de vida activa e deportiva) do Plan Proxecta, no que participa o centro,  que pretende fomentar entre as rapazas e rapaces un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que dedican á actividade física. Consiste en marcar no patio dos colexios ou arredores, un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metros) e facelo en calquera momento da xornada escolar de luns a venres.  Preténdese loitar contra o sedentarismo e a obesidade, pero tamén buscar os beneficios que a actividade física pode aportar para mellorar a atención, a concentración e axudar na resolución de conflitos mediante descansos activos durante a xornada escolar.

A iniciativa que se propón é sumar metros e kilómetros coa clase, e ir chegando a diferentes lugares do mapa, aproveitando o proxecto deste curso... a que "entroido tradicional" seríades capaces de chegar?


🚶🌍Nas portas de cada clase teremos un cartaz coma este, que deberedes ir cubrindo e modificando.


  🚶🚶🚶 E tamén tedes na clase, unhas referencias en planos, do que miden algunhas distancias (aproximadamente) que temos no cole e arredores.  Ademais! Non vos esquezades de poñer os contadores cando saiades andando a algunha excursión ou visita! Todo conta se é na xornada escolar!




🚶🏻‍♀️🚶🏿👺 CANTOS ENTROIDOS TRADICIONAIS SERIADES CAPACES DE VISITAR ANDANDO DENDE A ESCOLA?👹 🚶🏽‍♀️🚶🏼


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario