O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Apóstolo Santiago recibiu dúas charlas no mes de novembro sobre a saúde mental. O conferenciante chamábase Pablo.
Sobre o que fixemos na 1ª sesión cabe destacar que falamos sobre o que nos gustaría ser de maiores, analizando as debilidades e fortalezas de cada unha de nós, así como as ameazas e os apoios que podemos recibir do noso entorno social: familia, amizades, etc.
Reflexionamos sobre as posibilidades que podían ter tamén as persoas con problemas de saúde mental.
Durante a 2ª sesión falamos sobre os estereotipos, que son prexuízos que temos cara estas persoas con enfermidades mentais. Centrámonos nas emocións, así como na importancia de detectar estes problemas para apoiar e axudar ás persoas que os padecen.
Pareceunos moi interesante e útil, xa que calquera persoa pode padecer unha situación deste tipo, e sentir comprensión e apoio axuda a superar as dificultades.
Noticia redactada pola aula de 6º de primaria.
Aula de 6º con Pablo, analizando debilidades e fortalezas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario