A Policía Local de Santiago de Compostela ten instalado un Parque de Educación Viaria no recinto feiral de Amio. A aula de 6º de Primaria visitámolo o pasado venres, e a experiencia pareceunos fantástica. Ademais dunha interesante parte teórica, a parte práctica foi a que ocupou a maior parte do tempo e tamén a que máis nos gustou. A instalación consiste nun circuíto que simula unha cidade: rúas, pasos de peóns, semáforos, sinais diferentes, rotondas...
Tivemos a oportunidade de movernos en bicicleta, cumprindo as normas para evitar accidentes e respectando a todas as persoas, tanto ás viandantes (cadeiras de rodas e carriños de bebés incluídos), como ás que se moven en diferentes medios de transporte.
Xa que a bicicleta foi o medio de transporte que empregamos, tamén nos contaron aspectos moi interesantes sobre a súa seguridade: como regular a sela para que estea á altura correcta, como colocar o casco correctamente, etc.
Gustounos moito a actividade, e parécenos moi importante para coñecer ben as normas á hora de movernos polas cidades.
Noticia redactada polo alumando de 6º de primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario