O día 19 de decembro un número da policía local acudiu ao cole para impartir unha charla sobre Educación Viaria .
Achegámonos á biblioteca onde vimos unha presentación na que se amosaba como debemos comportarnos cando nos desprazamos pola cidade ou polas zonas rurais.
Unha vez rematada puxemos uns chalecos para ser perfectamente visibles e acompañámolo ata as instalacións da policía local no Pazo de Raxoi.
Ao longo do traxecto foinos explicando como era a forma correcta de actuar cando somos peóns e cales podían ser as situacións nas que tiñamos que ter máis precaución.
Tamén nos indicou onde estaban as cámaras de control do tráfico das zonas polas que íamos pasando e cal era a finalidade dos postes que baixan e soben que atopamos ao entrar na zona histórica.
Nas instalacións vistamos a sala de control das cámaras encargadas de visionar a cidade e os seus accesos e explicáronnos como funcionaban e cal era a súa finalidade.
Logo dirixímonos ao espazo onde se reúnen ao inicio de cada turno para recibir as instrucións do día .
Alí outro número falounos de cales eran as súas funcións e amosounos o equipo co que traballaban: defensa, guantes , lanternas, escudos, chalecos antibalas, esposas,...
Para rematar a visita fomos ver os calabozos e permitíronnos entrar neles porque nese momento estaban baleiros.
Ao saír para volver ao cole agasalláronmos con un xogo de baralla para cada persoa sobre educación viaria.
O policía acompañounos de volta ao cole e aquí foi recollido polo seu compañeiro de turno nun coche da policía local para volver á súa base.
Foi unha actividade moi interesante e divertida na que aprendemos moito do traballo da policía local e de como desprazármonos con seguridade.
Noticia redactada polo alumnado de 4º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario