Temos o gusto de presentarvos algo que se estivo cocendo entre a biblioteca e a aula de 5º de Primaria durante os últimos días de clase e que, ata agora, permanecía gardado como un pequeno segredo...
O Xogo da Lingoreta de Somos Barrio! (unha adaptación do tradicional xogo da Oca...)
Ao longo do curso fomos descubrindo a historia, os espazos, as persoas e as curiosidades de San Pedro e da Almáciga. Agora, toda esa aprendizaxe convértese nun xogo no que cada casiña é unha oportunidade para lembrar, descubrir e seguir aprendendo sobre os nosos barrios.
Este taboleiro recolle moitos dos lugares, personaxes e elementos que fomos coñecendo a través das investigacións, das entrevistas, dos paseos e das actividades do proxecto. Unha maneira divertida de poñer a proba todo o aprendido e de compartir con outras persoas o patrimonio e a memoria do lugar no que vivimos. Coñeceredes os lugares que saen en cada unha das casiñas?? Que lugares ou momentos nos axudarásn a volver a tirar? E cales farán que perdamos algunha quenda?... A xeaedaría, a escola, o Magóstolo, o bolardo, os peregrinos, a chuvia....etc... un montón de lembranzas que recollemos neste xogo de Lingoreta, e que algunhas seguro que vos sacan algún sorriso!
Noraboa as compañeiras de 5º polo diseño das imaxes!
Agardamos que gocedes desta nova creación tanto como nós gozamos deseñándoa. Porque aprender tamén pode ser xogar... e non hai mellor partida que a que nos leva a descubrir o noso barrio.
Preparadas e preparados? Tirade o dado...
DE LINGORETA A LINGORETA....E TIRO PORQUE ME PETA!

Ningún comentario:
Publicar un comentario