mércores, 8 de xullo de 2026

XEOGRAFÍAS DO BARRIO. Seguimos descubrindo o noso barrio

Neste terceiro trimestre o tempo non nos deu para rematar todo o traballo que tiñamos previsto. O noso obxectivo era investigar diferentes lugares do barrio, localizalos nun plano e elaborar unha pequena ficha con información sobre cada un deles: a súa historia, os usos que tiveron ao longo do tempo, como foron cambiando e por que son importantes hoxe.

Aínda que non conseguimos recoller moitos resultados en papel, o traballo de investigación estivo moi presente nas aulas. O alumnado buscou información, compartiu descubrimentos e coñeceu un pouco mellor o patrimonio e a historia de San Pedro e da Almáciga.

Esta será un traballo que cada quen seguirá facendo por si mesmo según vaia descubrindo cousas novas... xa que o proxecto do ano que ven...aínda nos pode dar tamén información para seguir descubrindo os nosos barrios, porque para coidar o lugar no que vivimos, primeiro hai que coñecelo. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario