xoves, 11 de xuño de 2026

PROXECTO SOMOS BARRIO: AS FESTAS

 O alumnado de Educación Infantil realizou un fermoso lapbook dedicado ás festas máis representativas da nosa contorna, dentro do proxecto de centro sobre a historia e a vida dos barrios da Almáciga e de San Pedro.

Ao longo deste traballo, as nenas e nenos achegáronse a celebracións tan importantes como Os Maios, coa súa explosión de cor e tradición; o San Xoán, unha das noites máis especiais do ano; e as propias Festas de San Pedro, que cada verán enchen o barrio de música, encontros e actividades para todas as idades.

Tras analizar as entrevistas realizadas , así como investigando dentro das nosas familias, xunto coas nosas experiencias vividas xa, crearon de xeito consunto entre as tres aulas un lapbook cunha estética especialmente coidada e preciosa, cheo de detalles, creatividade e ilusión, que reflicte o gran traballo realizado nas aulas e o entusiasmo co que o alumnado participou nesta proposta.

Parabéns ás nenas e nenos de Infantil por esta pequena obra de arte que nos axuda a coñecer e valorar as nosas tradicións. E a animarnos a participar nelas, xa que dúas están ao caer!!! 🎉🌼🔥🏘️✨









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario