xoves, 11 de xuño de 2026

PROXECTO: Investigando a historia das familias dos barrios

O alumnado continuou afondando no proxecto de centro a través da elaboración dun lapbook sobre as familias e a súa evolución ao longo do tempo.

Para realizar este traballo, as nenas e nenos de 2ºB analizou toda a infromación recollida nas entrevistas para descubrir como era a vida anos atrás. Grazas ás súas investigacións puideron coñecer como se organizaban as familias antigamente, de que traballaban, como chegaron a electricidade e a auga ás casas, ou como eran as tarefas cotiás antes da aparición de moitos dos avances dos que gozamos hoxe.

Un dos aspectos que máis curiosidade espertou foi o estudo dos alcumes familiares, unha tradición moi presente nos nosos barrios e aldeas, que permitiu descubrir historias, profesións e anécdotas transmitidas de xeración en xeración.

Os lapbooks recollen toda esta información de forma creativa e visual, converténdose nunha magnífica mostra da memoria familiar e da historia máis próxima ao noso alumnado.

Parabéns polo gran traballo realizado e grazas a todas as familias que colaboraron compartindo os seus recordos e experiencias. 👏📚🏡✨







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario