venres, 12 de xuño de 2026

A BIBLIOTECA DE 5º DE INFANTIL

Rematando o curso, marabillámonos vendo como as crianzas se organizan de maneira espontánea para crear un teatro no que reparten papeis (contacontos, cámara, repartidor/a de entradas), colocan as butacas, agardan as indicacións do cámara "cámara, luces e acción" para o inicio, escoitan con atención e desfrutan rindo das historias inventadas dos compañeiros/as protagonistas.
Tamén como aproveitan os tempos de lectura tras o patio, compartindo contos, xogando cos dados de contar historias e buscando o seu espazo de lectura individual.


Animámosvos na casa a crear o voso propio teatrillo e a escoitar as historias tan máxicas que os vosos fillos/as son capaces de inventar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario