venres, 29 de maio de 2026

Participación no Campionato Provincial de Cross en Porto do Son

Hoxe, unha pequena representación do noso centro participou no Campionato Provincial de Cross (Campo a Través), celebrado no concello de Porto do Son.

Foi unha xornada deportiva moi especial, na que o alumnado puido compartir experiencia con rapaces e rapazas doutros centros, desfrutando do deporte ao aire libre nun gran ambiente de convivencia e compañeirismo.

Os nosos participantes realizaron un magnífico esforzo ao longo das distintas probas, demostrando superación, compromiso e deportividade en cada carreira. Máis alá dos resultados, queremos destacar a ilusión e as ganas coas que representaron á nosa escola.

Parabéns a todos e todas pola vosa participación e polo excelente comportamento durante toda a xornada! 🏃‍♀️🏃‍♂️👏





 
 
Algunhas outras fotos chulas da xornada 










 

Ningún comentario:

Publicar un comentario