xoves, 28 de maio de 2026

EXCURSIÓN A MUROS

O día 26 de maio, 5º e 6º fomos de excursión de fin de curso a Muros. A asociación Pedra Salgada guiounos nun tour pola zona, no que aprendemos cousas sobre barcos de pesca, muíños de mareas e a mariscar. 
 

Aprendemos que as matrículas dos barcos serven para saber que tipo de uso ten cada un deles: se son barcos de pesca comercial comeza polo numero 3, pesca deportiva (de ocio) comeza co nº 7, se son de ir ás bateas comeza co nº 4. 

 

En canto aos muíños de mareas, como ben di o nome, funcionan coa marea, que entra por un buraco que se abre e da a unha piscina, por el pasa a auga e chega a outros tres buracos que teñen unhas aspas que revolven a auga e a depuran. Segundo nos contaron, isto foi algo moi innovador no seu momento, pero que rapidamente quedou en desuso porque chegou a electricidade.


Para mariscar aprendemos que con un pequeno angazo e un caldeiro raspando a area e collemos o que queda entre os dentes para botalo no caldeiro. Tamén nos explicaron, que non todo o que se pesca vale, hai uns medidores para saber se dan a talla comercial ou hai que deixalos no mar.
Cando rematamos fixemos unha actividade de marisqueo coas mariscadoras de Muros, recollemos Ameixas Japónicas, berberechos, algún mexillón e unha alumna (Maira de 5º) colleu unha medusa morta. Eso si, todo o que colleitamos, devolvímolo ao mar.

 


 Cando rematamos a actividade fomos cara a praia de San Francisco en Louro, onde puidemos comer, bañarse 3 veces e comprar un xeado, que ben nolo merecemos polo ben que nos portamos.

Noticia redactada por Icía e Vera de 5º de primaria

 

PARA VER TODAS AS FOTOS PREME AQUI 








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario