venres, 8 de maio de 2026

OS MAIOS

 Esta semana celebramos na escola unha das tradicións máis especiais do curso: a elaboración dos nosos Maios. Ao longo dos días, a rapazada foi traendo fiunchos, xestas, pampillos, bugallos e flores variadas para ir construíndo, pouco a pouco e por quendas, o noso Maio e o Maíño coa axuda e organización da mestra Rocío.

O venres chegou o momento máis esperado: saír a pasear o Maio e o Maíño polo barrio da Almáciga acompañadas das familias, compartindo música, tradición e convivencia polas rúas do barrio.

Para rematar, xuntámonos no patio da escola para cantarlles en roda aos Maios e celebrar todas xuntas esta fermosa festa da primavera.

Ademais, aproveitamos esta ocasión para amosar o noso apoio ao equipo de baloncesto da nosa cidade nun día ben importante, incorporando unhas bufandas do equipo nos maios (algo que comezou como unha broma de mañá, pero que decidiu por quedarse). Durante este curso, o club compartiu unhas actividades co alumnado de primaria, e son moitos os nenos e nenas  siareiros do equipoque seguen os seus partidos con ilusión. 

PREME AQUI PARA VER TODAS AS FOTOS DA XORNADA 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario