Despois das xornadas previas de atletismo, o alumnado clasificado da nosa escola participou no Campionato Provincial celebrado nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
Despois das xornadas previas de atletismo, o alumnado clasificado da nosa escola participou no Campionato Provincial celebrado nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
Adela, Aurora, Catuxa, Ema, Icía, Martín, Uxía, Xonás e Xoel representaron ao noso centro nunha xornada na que se reuniron as mellores e os mellores atletas das diferentes competicións da provincia de A Coruña.
Ao longo do día participaron en distintas probas como os 1000 metros marcha, salto de lonxitude e altura, lanzamentos de peso, pelota, disco e xavelina, ademais das emocionantes remudas 4x60.
Máis alá dos resultados, foi unha experiencia moi especial de convivencia, esforzo e superación. O máis destacado foi que todas e todos conseguiron mellorar as súas marcas das xornadas anteriores, polo que podemos dicir que a experiencia foi todo un éxito.
Noraboa polo traballo, a actitude e as ganas de seguir medrando no deporte! 💚
Agradezo se me compartides máis fotos en biblio.vagalume@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario