mércores, 20 de maio de 2026

SAÍDA DE FINAL DE CURSO E.I.


O mércores o alumnado de E.I. dirixiuse a Buño para coñecer o Museo do Forte.
Alí o grupo repartiuse en dous para realizar dúas actividades.
 

A primeira consistía nunha visita guiada polo museo. Ensináronnos de onde procedía o barro, os tipos de barro co que traballaban (vermello e negro), o proceso de transformación do barro en porcelana, os obxectos feitos con barro (vasillas, potas, instrumentos musicais...), o funcionamento do torno e unha réplica dunha habitación galega tradicional (cama, penico, lareira...).
 

Na segunda parte da visita realizamos un obradoiro de barro creando figuras de barro a partir de suxestións do noso guía.


Tras a visita ao museo fixemos unha parada en Carballo para ver en tamaño real un dos murais de Joseba que traballaramos coa mestra Rocío no obradoiro de arte "A muller Nitromón". Deixámosvos un enlace de interese para coñecer un pouco máis sobre ela: https://verne.elpais.com/verne/2017/12/17/articulo/1513497722_861204.amp.html


E para rematar o día recibimos un agasallo dun veciño de carballo que tiña un pequeno viveiro ao pé do mural. Unha flor fermosísima!
Que ben o pasamos!







Ningún comentario:

Publicar un comentario