Dentro do proxecto Somos Barrio, seguimos descubrindo e investigando a historia de San Pedro e da Almáciga. Nesta ocasión, estamos a elaborar unha gran liña do tempo na que estamos recollendo algúns dos acontecementos, lugares e momentos máis importantes da historia do barrio.
Pouco a pouco, imos engadindo feitos históricos, tradicións, cambios importantes e lembranzas que nos axudan a comprender mellor como era o barrio antigamente e como foi evolucionando ata converterse no lugar que coñecemos hoxe.
Esta actividade está a permitirnos investigar, preguntar ás familias e veciñanza, buscar información e compartir historias que forman parte da memoria colectiva do noso entorno.
E isto non remata aquí… seguiremos ampliando a nosa liña do tempo con novas descubertas e experiencias ao longo do curso! 🌿📚
Se ti como lector/a, coñeces algún fito que poida aparecer nesta liña do tempo, coméntallo a alguén da escola que poida crear unha tarxetiña! Entre todas, podemos facer unha liña do tempo máis completiña.






Ningún comentario:
Publicar un comentario