O 19 de maio 3º e 4º de primaria fomos de excursión a Campo Lameiro, na provincia de Pontevedra.
Aquí atópase o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, onde realizamos varias actividades. A primeira consistíu nun obradoiro de cerámica, no cal fixemos uns vasiños de barro empregando a "técnica dos churros" que nos tivo moi entretidas nada máis chegar. A segunda actividade foi visitar o Parque cunha guía que nos foi amosando algúns dos espectaculares petróglifos, ademais de achegarnos ao poboado que reconstruíron para amosar como vivirían nunha época moi diferente á actual. Esta ruta rematou coa demostración da creación de lume por parte das guías, algo que nos pareceu impresionante. Despois de xantar participamos nunha xincana moi divertida, percorrendo o parque na procura de respostas para descubrir unha palabra oculta.
Pasámolo moi ben e, por momentos, sentimos que nos atopabamos na Idade de Bronce!!!
Alumnado de 4º de primaria
PARA VER TODAS AS FOTOS PREME AQUI




Ningún comentario:
Publicar un comentario