Na materia de Educación Física, o alumnado de 5º de primaria estivo traballando os contidos relacionados cos ritmos e a expresión corporal, e para pechar esta proposta realizamos unha coreografía grupal coa canción Shut Up and Dance de Walk the Moon.
Ao longo das sesións, o alumnado practicou pasos, coordinación, traballo en equipo e expresión a través do movemento, combinando actividade física con creatividade e diversión. O resultado foi un baile cheo de enerxía, no que cada participante puxo o seu esforzo e entusiasmo para que a coreografía saíse adiante.
Este tipo de actividades permítennos desenvolver habilidades motrices e rítmicas, pero tamén fomentar a confianza, a cooperación e a participación activa dentro do grupo.
Aquí vos deixamos o vídeo final da actuación. Agardamos que o disfrutedes tanto como nós preparando e gravando esta experiencia! 💃🕺
Ningún comentario:
Publicar un comentario