mércores, 22 de abril de 2026

"Animalia" no auditorio

O pasado venres 17 o primeiro ciclo volveu facer unha andaina que xa nos é coñecida: fomos de novo ao auditorio de Galicia, neste caso a ver a obra titulada "Animalia". Nela, dous gatos con acento portugués e o director Jan Wierzba fóronos achegando a vida e obra de varios compositores célebres mesturando a súa cómica interacción coa orquestra filharmónica que os acompañaba no proceso. Como o tempo estivo bo, aproveitamos para merendar na natureza tras a camiñata. Pasámolo moi ben! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario